займ срочно

Debate aberto en Compostela  sobre as pistolas táser

0

Compostela, 22 de maio do 2020 – Compostela Aberta pedirá no pleno municipal a retirada das pistolas táser adquiridas pola policía local.

O observatorio para a defensa dos direitos e liberdades Esculca pedirá tamén a retirada das táser por ser armas perigosas que non están contempladas na lexislación como equipamento.

Funcionamento das táser

Imaxen de Junglecat

As pistolas táser son coñecidas como armas de electrochoque. Están deseñadas para incapacitar mediante descargas eléctricas; imitan sinais nerviosas paralizando temporalmente aos músculos dos brazos e as pernas.

Unha das principais queixas sobre estas armas é a posibilidade de que o seu uso pode supoñer un abuso, causan dor pero non deixan marca.

Situación excepcional

Na rolda de prensa do 15 de maio pasado o alcalde Xosé Sánchez Bugallo explicaba a necesidade da compra das pistolas pola situación de excepcionalidade que se vive

Lexislación

O Observatorio Esculca remitiu un escrito ao concello no que lembraba que “as pistolas Táser son armas perigosas, e polo tanto deben considerarse incluídas no acordo adoptado polo Peno da Corporación o 20 de xullo de 2017 para a interrupción do uso de armas perigosas por parte dos axentes das forzas e corpos policiais na cidade”. Ademais, as Táser non aparecen citadas nin como material obrigado nin como equipo opcional a elección dos concellos no Decreto 60/2010, de 8 de abril, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais en materia de uniformidade, acreditación e medios técnicos”.

Riscos

As táser poden causar distintos problemas polo que  Compostela Aberta tamén quere saber se todos os axentes da Policía Local de Santiago están “debidamente formados para o uso correcto destas perigosas armas, se a súa utilización se limitará aos efectivos que sí acrediten esa formación”. Ademais, CA pregunta se a Policía Local adoptará

algunha medida de seguridade adicional por se tivesen que facer uso desta arma. No caso dos Mossos d’Esquadra, que tamén usan estas pistolas, os axentes están obrigados a levar desfibriladores por se o disparo da Táser provoca unha parada cardíaca ou unha arritmia á vítima, así como unha cámara para gravar as actuacións nas que se empregue esta arma para comprobar que o seu uso foi correcto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies