Cualifican de “irresponsable” a xestión dos fogos do Apóstolo

0

Compostela, 25 de setembro do 2020 – Compostela Aberta informaba onte en rolda de prensa de que a cancelación do lanzamento dos fogos do Apóstolo desde dúas localizacións debeuse á presenza dun cable de alta tensión e dun depósito de gas e non polo risco alto de incendio.

A concelleira Branca Novoneyra cualificaba a xestión dos Fogos do Apóstolo 2020 como  “chea de improvisacións e irresponsabilidade”. CA fai estas declaracións tras analizar a documentación que lle foi entregada nos últimos días, case dous meses despois da solicitude da mesma.

Para Novoneyra “o goberno de Bugallo actuou con total improvisación e irresponsabilidade, e non contou toda a verdade sobre a anulación de dous dos oito puntos de lanzamento previstos”. A edila de CA desvelou que na autorización da Delegación do Goberno para a celebración dos Fogos, que chegou ao Concello cerca das sete da tarde do propio 24 de xullo, advírtese de que o lanzamento desde a Granxa do Xesto e desde o Monte de Deus non deberían celebrarse, no primeiro caso pola existencia dun cable de alta tensión que non figuraba nos planos achegados polo Concello, e no segundo pola presenza dun depósito de gas a só 25 metros do punto previsto de lanzamento.

Califican de "irresponsable" a xestión dos fogos do ApóstoloPara Branca Novoneyra, o alcalde non dixo toda a verdade cando afirmou en rolda de prensa o día 27 de xullo que “ decidimos suspender dous dos puntos do lanzamento, a partir dun aviso que recibimos da Consellería de Medio Rural. Preferimos actuar coa máxima prudencia posible”.  A concelleira de Compostela Aberta sinalou que “se o principio era o da máxima prudencia polo risco de incendios, como quere facer ver Bugallo, non se entende que á lista de puntos cancelados non se engadiran outros que tamén se atopaban en zonas conflitivas, como era o caso do Parque Eugenio Granell onde finalmente sí houbo que lamentar un incendio”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial