Piden a declaración do Souto como Espazo Natural de Interese Local

0

Compostela, 24 de xullo do 2019 – Compostela Aberta levará a pleno unha moción para instar a Xunta a que declara o Souto como Espazo Natural de Interese Local.

Trataríase de iniciar un percorrido de dous anos, marcado pola lei, que comezaría cunha declaración provisional para o Souto que sería definitiva ao remate do proceso.

O concelleiro de Compostela Aberta Jorge Duarte presentou a iniciativa en rolda de prensa e lembrou que este espazo “tén un enorme valor patrimonial, arqueolóxico e etnográfico, ademais de natural, que é preciso protexer fronte a ameazas como a que no seu día supuxo a do proxecto da nova depuradora de Santiago”.

Jorge Duarte pide protección para O SoutoDuarte explicou que a declaración dun espazo natural de interese local é competencia da Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, tal e como se regula na Lei de Conservación da Natureza de 2001. Esa normativa foi desenvolvida nun Decreto de 2005, que recolle a posibilidade de que “a petición dun concello, a Consellería aprobe a declaración do espazo natural de interese local de xeito provisional, por un prazo non superior a dous anos. Dentro dese prazo, o concello promotor deberá presentar o plan de conservación do espazo”.

Carballeiras, fauna protexida e patrimonio etnográfico

O concelleiro apuntou que Santiago “non conta con ningún espazo natural con este nivel de protección, e O Souto cumpre todos os requisitos para ser o primeiro”. Nesa liña, Duarte lembrou que nesta zona situada entre Laraño e Villestro “concéntranse catro carballeiras, charcas oligotróficas, eutróficas, e brañas; viven tres especies de fauna protexidas como a papuxa do mato, a lontra e o caracol de Quimper; e conta cun importante patrimonio etnográfico”.

O SoutoO edil de Compostela Aberta apuntou que o Concello de Santiago encargou en febreiro de 2018 un estudo para a valoración ecolóxica do Souto, no que se apunta que “sería preciso profundizar na descrición e estudo das carballeiras e nas comunidades de flora e fauna deste espazo, así como mellorar a protección e conservación dos seus elementos”. O informe tamén suxire “incrementar o valor ecolóxico do monte do Souto mediante traballos de restauración ecolóxica que reforcen a función deste ecosistema como cortalumes natural e como refuxio de biodiversidade.

A moción de Compostela Aberta pídelle ao Concello de Santiago que inste á Xunta de Galicia a declarar O Souto como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) de xeito provisional, e insta tamén ao órgano municipal competente a elaborar e presentar, nun prazo non superior a dous anos desde a declaración provisional, o plan de conservación deste espazo de cara ásúa declaración definitiva como Espazo Natural de Interese Local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial