займ срочно

Piden que se manteñan as Residencias Escénicas na Sala Agustín Magan de Compostela

0

Compostela, 24 de setembro do 2019 – Compostela Aberta levará a pleno unha moción na que solicita que se manteñan as Residencias Artísticas na Sala Agustín Magan.

A Agustín Magan viu acollendo desde o 2016 a distintas compañías que prepararon en ese espazo 37 espectáculos de todo tipo. Compostela Aberta reclama ademais  que ese modelo de colaboración esténdase ao centro cívico do Romaño.

A concelleira Branca Novoneyra foi a encargada de explicar a moción que Compostela Aberta defenderá no pleno de este xoves en Santiago. A concelleira reclama que “os próximos orzamentos municipais contemplen a dotación técnica básica suficiente tanto para a Sala

Agustín Magán como para o auditorio do Centro Cívico do Romaño”. Deste xeito, incidiu a concelleira, “facilitase a extensión aos barrios de manifestacións culturais que antigamente sucedían exclusivamente nos contedores culturais centrais de Compostela”.

Por último, na proposición que se debaterá no Pleno do xoves, Compostela Aberta pide a convocatoria dunha bolsa de investigación para iniciar un arquivo das artes escénicas de Santiago na biblioteca do

Centro Cívico do Romaño, con especial atención á memoria das publicacións físicas e dixitais das compañías históricas de Santiago e documentación, textual, visual e audiovisual, das propias residencias municipais activas desde o seu inicio en 2016.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies