займ срочно

Preguntan polo estado das negociacións coa Policía Local de Santiago

0

Compostela, 29 de outubro do 2019 – Despois de que durante meses a Policía Local de Santiago se manifestara semanalmente diante do concelloo grupo de Compostela Aberta quere saber en que situación se atopan as negociacións laborais co colectivo.

CA rexistrou unha pregunta por escrito sobre as declaracións do concelleiro de seguridade, Gonzalo Muíños, nas que aseguraba que existe un acordo coa Policía Local sobre a realización de horas extras, e queda pendente de atender a demanda dun dos sindicatos con representación no corpo para que os sábados foran recoñecidos como xornadas festivas.

Horas extras

A situación de carencia de efectivos motivou que, nos últimos anos, fora precisa a realización de horas extras por parte da Policía Local para atender as necesidades do servizo, que foron medrando mentres se reducía o número de axentes. Nos últimos meses do pasado mandato, rexistrouse unha situación de conflito cunha parte da representación

sindical da Policía, pola súa negativa a realizaren estas horas extraordinarias. Esas mobilizacións, nas que se reivindicaban outras melloras, remataron tras as eleccións municipais de maio.

Compostela Aberta pregunta agora por si se seguiron facendo horas extras, si é así cantas se fixeron desde o inicio do mandato e a que acordo se chegou para que esto se producira.

CA tamén pregunta pola solución que o goberno municipal ten para ampliar a plantilla xa que anunciou por exemplo a posta en marcha da Policía de Barrio o que incrementaría as necesidades. Compostela Aberta quere saber se se tén realizado algún estudo sobre os medios humanos precisos para desenvolver esas iniciativas, tendo en conta que a Policía Local dispón na actualidade de tan só 122 efectivos e é previsible que ao longo de 2021 o corpo quede tan só con 103 axentes, por mor das xubilacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies