займ срочно

O solar de Peleteiro en Compostela volve a xerar polémica

0

Compostela, 4 de outubro do 2019 – Compostela Aberta ven de pedir información sobre a consultoría contratada polo goberno municipal para definir os usos do solar de Peleteiro.

O grupo pide que se aclare cales foron as razóns de contratar a Gesvalt, unha empresa que mantén diversos vínculos coa SAREB, propietaria dos terreos de Peleteiro, para definir os usos do solar.

Segundo consta na relación de contratos menores do terceiro trimestre de 2019, o Goberno municipal tenlle encargado a Gesvalt Sociedad de Tasación S.A. unha consultoría sobre “posibles usos urbanos do antigo colexio Peleteiro para rendabilidade e dinamización comercial do Ensanche”, un servizo polo que a empresa percibirá 14.520 euros.

Compostela Aberta chama a atención sobre o feito de que na páxina web desta empresa aparezan varias informacións que a vinculan coa SAREB, como ter participado no proxecto de Due Diligence sobre os activos da “Sociedad de Gestión de Activos procedentes de la Restructuración Bancaria”. Ademais, o director corporativo de desenvolvemento de negocio de Gesvalt, Luis Martín Guirado, desempeñou o posto de director de transaccións e intelixencia de mercado na SAREB entre os anos 2014 e 2015.

Comisión de seguimento

O grupo municipal de CA pide que o Goberno explique se era consciente desta relación entre a consultora contratada para definir os usos de Peleteiro e a propiedade da finca, e que aclare se solicitou outros orzamentos e cales foron os motivos para elixir a Gesvalt para a realización do informe.

Compostela Aberta tamén quere saber se o alcalde ten informado da contratación da consultora á comisión que, segundo anunciou nos medios de comunicación, xa está formalmente constituída para avaliar o futuro de Peleteiro coa veciñanza e co tecido asociativo e comercial do Ensanche.

Ao respecto da comisión, CA lamenta que o Goberno non teña informado sobre a súa creación aos grupos da oposición nin os teña convidado a participar nela, tendo en conta que a modificación de usos da parcela é unha competencia do Pleno, no que o PSOE non conta con maioría suficiente. Nesa liña, Compostela Aberta lembra que o compromiso adquirido por Bugallo na campaña foi o de “ter unha solución de consenso para Peleteiro en tres meses”, un prazo que xa ten rematado e que, ademais, se vai sobrepasar amplamente tendo en conta que o contrato con Gesvalt foi formalizado o pasado 2 de agosto e, segundo consta na relación de contratos menores, a sociedade de taxación tén un prazo de catro meses para elaborar o seu informe.

Por último, Compostela Aberta expresa as súas dúbidas sobre a conveniencia de elixir para informar sobre os posibles usos de Peleteiro á mesma empresa que, segundo ten informado a súa directora xeral, foi a encargada do asesoramento para a compra de Povisa por parte dunha corporación norteamericana.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies