Preocupación pola desaparición de voos desde o aeroporto

0

Compostela, 11 de decembro do 2019 – Compostela Aberta aproveitará o Pleno ordinario de decembro para interpelar ao Goberno sobre a súa política aeroportuaria, tras coñecerse nas últimas semanas a supresión de ata seis voos desde Lavacolla.

O concelleiro Rafael Peña expresou a súa preocupación pola desaparición destes voos “sobre todo do de Ryanair con Roma, que era absolutamente estratéxico para Santiago”. O edil lamentou que o Goberno de Bugallo “quedara de brazos cruzados, malia a que foi advertido con tempo de que as aeroliñas poderían estar formulando estes cambios prexudiciais para Compostela”.

Recortes de Ryanair, Esasy Jet e Vueling

Rafael Peña lembrou que as malas noticias para o aeroporto Rosalía de Castro comezaron a chegar xa en setembro, cando Ryanair confirmou o peche, a partir de xaneiro, de varias rutas que viña operando desde Santiago: a conexión directa a Tenerife, que supoñía máis de 7.500 prazas de avión ao mes; o voo a Milán-Bergamo, que ofertaba 3.000 prazas mensuais; e o cuarto voo semanal a Londres-Stansted, que Ryanair empezou a ofertar nesta tempada de inverno.

A maiores, Ryanair deixou de operar en outubro a ruta a Frankfurt, que mantiña desde finais de 2005, e que en 2018 moveu case 43.000 pasaxeiros e pasaxeiras. Posteriormente, en novembro, a compañía Easy Jet anunciou que na próxima tempada de verán suprimirá a ruta directa que operaba entre Santiago e Milán desde marzo de 2017, e que o ano pasado superou os 25.000 viaxeiros e viaxeiras.

O concelleiro de Compostela Aberta recoñeceu que “a gota que colmou o vaso foi a confirmación, por parte de Vueling, de que no próximo verán eliminará a conexión directa co aeroporto de Fuimicino-Roma que se viña operando desde xuño de 2014”. Rafael Peña explicou que “Roma é un destino estratéxico para Santiago, e a cancelación superá a perda de case 3.000 pasaxeiros mensuais”.

Freo a anos de récord no aeroporto Rosalía de Castro

O edil lamentou que “a incomparecencia do Goberno local e da Xunta vaia motivar que o aeroporto perda pasaxeiros nos meses de inverno, por primeira vez en cinco anos”. Rafael Peña mostrouse convencido de que entre xaneiro e marzo, Santiago perderá un 10 por cento de usuarios, “freando os logros dos últimos anos en canto á desestacionalización de Lavacolla, que medrou un 25 por cento nos

meses de inverno”. O concelleiro lembrou que el mesmo advertiu no primeiro consello de administración de Incolsa deste mandato “da necesidade de que o Goberno fora proactivo coas aeroliñas para que seguiran operando ao mesmo nivel desde Santiago, pero o executivo do PSOE non mantivo ningún contacto con ningunha compañía aérea a tempo para a planificación da temporada de inverno”.

“Incomparecencia da Xunta”

Rafael Peña tamén se referiu á “incomparecencia da Xunta, que mantén unha situación que é totalmente anómala no conxunto do Estado, cunha administración autonómica que non exerce as súas competencias e que descarga nos concellos toda a responsabilidade da política aeroportuaria”. O concelleiro de Compostela Aberta lembrou que “durante o pasado mandato o Goberno de Santiagodefendeu no comité de rutas a convivencia dos tres aeroportos galegos, tendo claro que o de

Compostela é o que tén que exercer como aeroporto central de Galicia, e baixo a coordinación dun ente que debería impulsar a Xunta”. Para o edil, “o presidente Feijóo e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, están cómodos nesta posición, o primeiro porque fai desleixo das súas funcións e o segundo porque quere vitimizarse desde o seu localismo”

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial