займ срочно

Piden un Plan de Rescate Social para Compostela

0

Compostela, 28 de maio do 2020 – Compostela Aberta pedirá ao equipo de goberno a creación dunha comisión especial que impulse un Plan de Rescate Social para Santiago.

A concelleira Marta Lois presentou esta proposta de Rescate Social que defenderá no pleno ordinario que se celebra hoxe no concello. No documento tamén se insta ao Goberno a impulsar unha mesa de diálogo co tecido social de Compostela, para que sexa partícipe da elaboración e implementación das medidas acordadas.

Marta Lois avoga porque “o conxunto da Corporación, Goberno e oposición, colaboren na planificación dun Plan de Rescate Social que garanta os dereitos sociais de toda a cidadanía de Santiago tras a crise da Covid-19”. Esa colaboración, engadiu, debe materializarse a través dunha ferramenta contemplada no regulamento orgánico do Pleno, que no seu artigo 121.4 fala da creación das “ comisións informativas, de estudo ou proposta de carácter especial para a consulta ou seguimento dun programa, expediente ou asunto determinado cuxa importancia ou complexidade o aconselle ”.

Para Compostela Aberta este plan  “debe procurar medidas que poñan o foco nas políticas sociais, nos coidados e na conciliación; e tén que atender tamén á recuperación do emprego, á procura dun novo modelo turístico e á reactivación do Plan de Reindustrialización de Santiago”. Ademais das competencias municipais, CA entende que a Comisión de Estudo debe ser o órgano a través do que se canalicen as demandas a outras administracións, “nomeadamente á Xunta, que debera poñer en marcha unha Mesa municipal e social galega na que coopere cos concellos e cos representantes sociais para combater a situación de emerxencia sanitaria e social”.

Diálogo co tecido social

Na proposición tamén se reclama a creación dunha Mesa de diálogo social con representantes das centrais sindicais e do tecido empresarial e comercial da cidade. Esa ferramenta, apunta Marta Lois, “debe servir para manter unha información constante co tecido social, pero tamén e sobre todo para recoller as súas demandas e consensuar medidas de rescate fronte ás consecuencias socioeconómicas da pandemia da Covid-19”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies