займ срочно

Piden que o goberno de Santiago pense na conciliación

0

Compostela, 14 de maio do 2020 – Compostela Aberta levará ao próximo Pleno ordinario unha proposta para instar ao Goberno local a adoptar medidas que faciliten a conciliación da vida familiar e laboral tras a pandemia da Covid-19.

O grupo municipal de CA demandará que o Concello habilite espazos nos que se poidan desenvolver actividades de conciliación para nenos e nenas, cumprindo todos os requisitos de saúde pública. Marta Lois explica que “a pandemia do coronavirus e o confinamento non fixo máis que empeorar a xa delicada situación na que se atopaban moitas familias, e nomeadamente moitas mulleres, en relación á conciliación e aos coidados”.

Unha situación que vai a pior

Desde o comezo do estado de alarma “as nais e pais están a

compatibilizar os coidados e a supervisión da actividade educativa das súas fillas e fillos coa adaptación ao teletraballo, ou coa actividade laboral en sectores esenciais e sensibles como a sanidade, o transporte, ou a distribución alimentaria”. Agora, co inicio da desescalada e a apertura da actividade económica, “son moitas máis as familias que se enfrontan a novas dificultades en relación aos coidados das crianzas, que continúan nas casas”. Por iso, a concelleira salienta que “mentres se toman medidas para a reactivación económica, o mundo da vida continúa a ser invisibilizado, sen medidas nin políticas públicas específicas que acheguen solucións ás necesidades de conciliación da vida laboral, familiar e persoal para evitar que neste contexto se xeren novas desigualdades”.

Apertura de centros cívicos e instalacións deportivas

Na proposta que levará ao próximo Pleno ordinario, Compostela Aberta demándalle ao Goberno local que poña en marcha unha serie de medidas urxentes en materia de conciliación e garantía dos coidados. Entre elas, o grupo municipal de CA propón a apertura dos Centros Cívicos, para que neles se desenvolva un programa de conciliación dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, con actividades que se poidan desenvolver en grupos reducidos que permitan asegurar o mantemento da distancia física e dos requisitos de saúde pública.

Na mesma liña, e baixo os mesmos criterios, solicítase tamén a apertura dos pavillóns e instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividades que faciliten a conciliación.

Ademais, Compostela Aberta instará ao Goberno a que elabore un Plan de coidado e conciliación “Compostela Coidadora”, que incida no recoñecemento e socialización da responsabilidade do coidado coas medidas e recursos necesarios.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies