Lamentan que a reforma de Clara Campoamor se retrasara sen motivo

0

Compostela, 11 de setembro do 2019 – Compostela Aberta valorou a reforma da avenida Clara Campoamor e lamentou que se retrasara por motivos electoralistas.

A reforma foi motivo de debate entre Psoe e PP durante a campaña electoral como contábamos en esta nova. En ese debate quedaba bastante claro que ambos os dous partidos tiñan na mente un vial de catro carris.

O concelleiro Jorge Duarte aseguraba que  “o PSOE incumpre a que foi a súa primeira grande promesa electoral, manter os catro carrís de circulación e construír unha nova rotonda nos accesos á nova estación intermodal, e presenta un proxecto con moi escasas modificacións sobre o aprobado por CA”.

Duarte recoñeceu estar satisfeito porque “o Goberno socialista asume que a proposta de Compostela Aberta era a boa, que Clara Campoamor tén que ser un bulevar urbano con prioridade para os modos brandos de transporte e para os autobuses, e que era un despropósito darlle o tratamento de vía de alta capacidade”. Lamentou, iso si, que a reforma da avenida se retrasara por cuestións “electoralistas”.

Sen cambios apreciables

Jorge Duarte lembrou que en febreiro “o entón candidato Bugallo e Mercedes Rosón ofreceron unha rolda de prensa na que cualificaban de disparate reducir de catro a tres carrís de circulación o viario Clara Campoamor, e na que se comprometían a construír unha rotonda para regular os accesos á estación no lugar no que Compostela Aberta propoñía unha praza con preferencia peonil”.

Sete meses despois, apuntou o concelleiro, “o xa alcalde Bugallo e a concelleira de Urbanismo presentan un proxecto no que manteñen tres carrís de circulación, manteñen a regulación semafórica para acceder á estación, e manteñen a praza peonil do proxecto orixinal que, dicían, hipotecaba o futuro da cidade”.

Duarte explicou que “cambiar os usos dos tres carrís de circulación, que é o único que fai o deseño presentado onte, podería terse feito sen adiar a licitación, simplemente con pequenos modificados dentro do propio proxecto”. Para o concelleiro, o único cambio substancial do proxecto presentado onte ten que ver co carril bici, que pasa a estar localizado na beira das Brañas de Sar para os dous sentidos de circulación, “en contra de todas as recomendacións de que as bicicletas circulen no mesmo sentido que os coches, e obrigando a unha mala utilización destes carrís porque se obriga aos usuarios a baixar da bicicleta para superar os cruces e as rotondas”.

Jorge Duarte tamén ironizou coas explicacións dadas onte por Bugallo, que apuntou que o obxectivo do Concello é reforzar o tráfico polo viario Santiago de Cuba e o túnel do Hórreo. O concelleiro lembrou que esa é exactamente a mesma explicación que deu o Goberno de Compostela Aberta cando aprobou o proxecto de Clara Campoamor, e precisamente nesa liña no pasado mandato instouse ao Ministerio de Fomento a permitir o xiro desde o túnel do Hórreo á rotonda de Sar para facilitar a incorporación ao que serán os futuros accesos á estación intermodal.

Incumprimento dos prazos

O concelleiro de Compostela Aberta instou á conselleira de Infraestruturas a pronunciarse sobre o proxecto presentado onte por Bugallo “despois de ter apoiado en febreiro as súas esixencias de manter os catro carrís de circulación e a rotonda de acceso á estación”.

Ao tempo, Duarte preguntouse “se Ethel Vázquez seguirá presionando para axilizar a tramitación, porque é evidente que o Goberno do PSOE perdeu un ano para modificar un proxecto que finalmente non foi modificado, e co risco certo de que as obras dos accesos non estean rematadas para agosto de 2020, data de remate da estación de autobuses e da pasarela da intermodal”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial