Compostela, 12 de agosto do 2019 – A abstención en positivo do Partido Popular, xa que sen ela sería imposible a aprobación, e a máis crítica do BNG, permitiron ao Psoe sacar adiante o orzamento levado a pleno pese o voto contrario de Compostela Aberta.
As posturas non diferiron do esperado e cada quen adoptou papeis similares aos dos días previos. Foron as declaracións tras o pleno as que despexaron, máis se cabe, algunhas das cuestións de fondo.
Técnicos ou non
O empeño do equipo de goberno de presentar os orzamentos como un documento técnico continuou no pleno. A concelleira socialista Marta Abal insistiu na palabra pero a súa primeira intervención remataba recoñecendo a inclusión de partidas priorizadas pola súa formación
O BNG insistiu na necesidade de traballar no documento do 2020. Goretti Sanmartín foi, en calquera caso, crítica coa actitude do Psoe e defendeu a idea de que se trataban dus orzamentos técnicos.
Martiño Noriega lembraba na súa intervención que esta situación ven motivada pola non aprobación dos orzamentos de Compostela Aberta no mes de decembro. Mostrábase moi crítico coa falta de diálogo do Psoe e recrimináballe a Gonzalo e Mila, concelleiros socialistas, que sabendo as moitas reunións que se tiveron na anterior lexislatura agora aceptaran esta forma de traballar
Agustín Hernández rematou a súa intervención dando a sensación de non querer aprobar o orzamento e sendo moi critico co Psoe pola falta de diálogo
Pero na segunda intervención, apelando ao ben da cidade, anunciou a abstención
Orzamentos menos técnicos
As declaracións de Psoe e PP tras o pleno deixaban ver que os orzamentos eran menos técnicos do dito. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo explicaba en rolda de prensa, unha vez máis, a necesidade de habilitar partidas para pagar compromisos adquiridos polo anterior executivo. Preguntado polas decisións de aceptar os compromisos, por exemplo, co Rally Botafumeiro e non, por exemplo, coas Alboradas do Apóstolo o alcalde explicaba que o das alboradas xa tiña mal arranxo cando o souberon e anunciaba que Martiño Noriega tería que firmal algún papel para que non parecera que era cousa súa
Bugallo insistía na necesidade de asumir os compromisos do anterior executivo, unha contradición na práctica con parte de estes orzamentos
Agustín Hernández tamén facía declaracións ao remate do pleno e insistía na necesidade de absterse para que proxectos como a pasarela da intermodal saíran adiante. Preguntado porque cambiou desde decembro, cando eses mesmos proxectos estaban incluídos nos orzamentos de Compostela Aberta, dixo o seguinte
Nos seguintes meses verase si estes acordos entre Psoe e PP. non negociados según os protagonistas, seguen nos seguintes plenos ou hai un xiro no actual equipo de goberno.