займ срочно

Compostela acolle o Campionato do Mundo de Enduro

0

Compostela, 9 de maio do 2019 – Desde mañá, e ata o domingo, Santiago acolle, por segundo ano consecutivo, unha proba do Campionato do Mundo de Enduro.

Máis de cen pilotos competirán nos circuítos habilitados nno parque da Sionlla e na contorna do estadio Verónica Boquete (antes de San Lázaro). A presentación do Campionato de Enduro correu a cargo da concelleira Noa Morales; o edil de Medio Rural, Rafael Peña; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación Galega de Motociclismo, José Candá; o director de Carreira, Pedro Mariano; e o piloto e inspector da Federación Internacional de Motociclismo Maurizio Micheluz.

SONY DSC

A competición ábrese, o venres a carón do Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, co Super Test e co Xtreme Test. Son probas curtas que permiten achegar a todo o público, incluso o non experto, á espectacularidade desta disciplina. Xa o sábado e o domingo celebrarase o rally, no que os/as participantes realizarán dúas voltas e media ao percorrido disposto no parque empresarial da Sionlla. Tamén se realizarán dúas especiais cronometradas, o Cross Test e o Enduro Test, que serán determinantes tamén para a clasificación final.

O Gran Premio de España do FIM Maxxis Enduro World Championship está organizado polo Moto Club Movete na Moto coa colaboración das federacións internacional, española e galega de Motociclismo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies