займ срочно

Bugallo confía en non perder os fondos europeos para a depuradora e rexeita a proposta de Acuaes

0

Compostela, 28 de abril do 2020 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confía en non perder os fondos europeos destinados á remodelación da depuradora da cidade.

Bugallo explicou onte que Acuaes remitiu ao concello unha proposta de convenio para financiar a nova depuradora que é inaceptable para o goberno municipal. A proposta foi debatida cos resto dos grupos nunha xunta de voceiros tamén no día de onte.

A proposta de Acuaes, explicou o alcalde, “é que eles financiarían o 50% do investimento, e que a parte que non se financiara con fondos europeos tería que ser repercutida na tarifa. E Xunta e Concello debería financiar o 50% restante”. O rexedor dixo tamén que se trata dunha proposta non debatida previamente co concello polo que espera reconducir a negociación.

Bugallo considera que os fondos europeos non teñen porque estar perdidos e que, en calquera caso, si se perderan o goberno central tería que asumir os custos xa que se trata dunha obra de utilidade pública

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies