9 empresas participarán no proceso para dotar dunha nova EDAR a Santiago

0

Compostela, 24 de xullo do 2019 – O Consello de Administración de  ACUAES aproba que 9 empresas participen na primeira fase do diálogo competitivo para a construción da EDAR de  Silvouta, en Santiago de Compostela

Cada candidato seleccionado deberá desenvolver unha solución preliminar para a EDAR, sendo elixidas para as seguintes fases aquelas que presenten maior calidade en base aos criterios de valoración establecidos na invitación. A sociedade mercantil estatal contratou, ademais, a asistencia técnica para a prospección arqueolóxica da zona de  Silvouta e os servizos para a elaboración da avaliación ambiental das alternativas propostas e a realización do estudo de impacto ambiental preliminar da solución  finalmente escollida.

Esta é a primeira fase do procedemento de diálogo competitivo que unha vez resolto adxudicará a execución das obras. As empresas terán que propoñer solución innovadoras que se axusten as necesidades do proxecto, en cumprimento cos requirimentos de vertedura ao río Sar esixidos pola normativa vixente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial