As universidades galegas e ADOS afrontan o reto 5.000

0

Compostela, 8 de outubro do 2019 – A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e as Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo convidan a participación de todos os membros da comunidade universitaria no “Reto 5000”, promovido desde a Rede Española de Universidades Saudables (REUS).

Este reto ten o obxectivo de acadar, ao longo de todo o día de hoxe, un total de 5.000 doazóns de sangue entre todos os centros universitarios de España que se sumen a esta iniciativa.

A campaña especial, na que toman parte activa as tres universidades galegas, ten un dobre obxectivo. Por unha banda promove e sensibiliza a prol do solidario xesto da doazón. Por outro lado supón o inicio de campaña de doazón de sangue por parte de ADOS nas universidades galegas.

ADOS Universidade reto 5.000

A esquerda a Vicerreitora da USC, Mar Lorenzo, e adereita Ángeles Pazos, responsable de prensa de ADOS

Reto propio

ADOS marcouse para este curso o seu propio reto 5.000. Consiste en superar as 5.000 doazóns de sangue ao longo do presente curso académico 2019-2020 en toda Galicia.

Desprazamentos

Polo que atingue á presenza das unidades móbiles de ADOS, salientar que, ao longo da xornada, efectuarán os seguintes desprazamentos:

Universidade de A Coruña:

Campus de A Coruña: Escola Enfermería. Facultade de Fisioterapia e Facultade de Ciencias da Saúdea, diante da Escola de Enfermería, das 09:30 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

Campus de Ferrol: Escola de Enfermería, Escola de Podoloxía e Facultade de Ciencias do Traballo das 09:30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas.

Universidade de Santiago:

Campus de Lugo: Escola Politécnica Superior, fronte ao edificio administrativo, das 09:30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas.

Campus de Santiago: Facultades de Enfermería e Facultade de Ciencias de Educación, diante da entrada principal das 10:00 ás 14:30 e das 15:30 ás 21:00 horas.

Universidade de Vigo:

Campus de Ourense: Escola Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, diantre do Edificio Facultades das 09.30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas.

Campus de Pontevedra: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, diante da facultade das 09:30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas.

Campus de Vigo: Escola de Enxeñería de Miñas e Enerxía e Escola Enxeñaría Industrial, diante da porta principal das 09:30 ás 14:30 horas e das 15:30 ás 21:00 horas

Traxectoria de colaboración

ADOS quere agradecer ás tres Universidades galegas, o seu constante compromiso co labor que desenvolve e que principiou no ano 1993, coa posta en marcha das primeiras campañas de doazón de sangue e que ten acumulado ao redor de 195.000 doazóns de sangue entre os centros docentes dos sete campus galegos.

Así mesmo, desde a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue quere por en valor a colaboración brindada polas tres universidades galegas e, lembrou, que a pasada semana comezou a primeira fase da campaña de doazón de sangue nas Universidades galegas.

Esta primeira fase prolongarase ata o vindeiro mes de decembro e entre os meses de marzo e maio do 2020 terá lugar a segunda fase de esta campaña especial de doazón.

O obxectivo da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue para a este curso 2019-2020, pasa por superar as 4.601 doazóns rexistradas no pasado ano académico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial