Compostela acenderá a alumeado de Nadal o día 5

0

Compostela, 12 de novembro do 2019 – A Xunta de Goberno de Santiago ven de adxudicar o alumeado de Nadal que se acenderá o vindeiro día 5.

O alumeado foi adxudicado por un importe de 215.985 euros (IVE incluído). En canto a decoración manterase o belén de San Fiz pero volverá un ao Obradoiro. Todos os detalles serán presentados nunha próxima rolda de prensa.

Rocha Forte

En materia de rehabilitación, o Goberno local aprobou os proxectos de acondicionamento exterior e interior do castelo da Rocha Forte. Estas dúas obras están incluídas na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (EDUSI), financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

En canto ao exterior, a intervención contará cun orzamento máximo de licitación de 292.168 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de tres meses. Permitirá, entre outras actuacións, realizar un estacionamento para visitantes, ordenar a capa vexetal e plantar novo arborado ou construír unha atalaia – miradoiro na proximidade do xacemento.

No interior, o proxecto contempla a creación dun itinerario conceptual sobre o cal establecer a musealización do xacemento, con sendeiros, plataformas e paneis informativos que guíen o/a visitantes. O orzamento máximo de licitación de 89.166,53 euros (IVE incluído) e a actuación deberase executar en dous meses.

Senda peonil en Aríns

Por outra parte, a proposta do concelleiro de Medio Rural, aprobouse expediente e abriuse o procedemento de adxudicación da primeira fase da construción dunha senda peonil na rúa de San Martiño, na parroquia de Aríns. O tipo de licitación é de 406.609,27 euros.

Equipamentos en Figueiras

Tamén no ámbito rural, acordouse ampliar por sete semanas o prazo para completar a obra de mellora de equipamentos deportivos en sociais na parroquia de Figueiras, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos – POS+2018). En calquera caso, abriuse expediente por incumprimento de contrato, dando audiencia ao contratista por un prazo de 15 días hábiles, con carácter previo á imposición, no seu caso, das penalidades que procedan pola demora acumulada na execución dos traballos.

Estadio de San Lázaro

Outro dos acordos foi o de aprobación do proxecto técnico para a aplicación de medidas correctoras no estadio municipal de San Lázaro, segundo o estudo integral de patoloxías (fase III). Fíxase un orzamento máximo de licitación de 899.188,75 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de catro meses. Realizaranse reparacións de fachadas, cubertas, soportais e torres de iluminación.

Ludoteca das Fontiñas

A proposta da concelleira delegada de Educación, aprobouse o expediente para contratar un servizo de atención á infancia para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes. Iníciase o procedemento de adxudicación, cun tipo de licitación de 144.359,06 euros (IVE incluído).

Programa de Conciliación de Nadal

Seguindo con Educación, deuse o visto bo á memoria do Programa Municipal de Conciliación de Nadal, que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro de 2019 e 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020 no CEIP Monte dos Postes e no CEIP Ramón Cabanillas, así coma aos prezos públicos do programa.

Festa do Apego

Finalmente, aprobouse a realización nunha nova edición da Festa do Apego, que se celebrará o 28 de decembro no Auditorio de Galicia, cun orzamento total estimado total de 30.245 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial