займ срочно

O Ballet de San Petesburgo estará o día 22 en Compostela

0

Compostela, 13 de xaneiro do 2020 –  O Ballet de de San Petesburgo presenta o próximo día 22 no Auditorio Abanca de Compostela a súa versión do Quebranoces de  Tchaikovsky.

O Ballet de San Petersburgo de Andrey Batalov trae unha peza clásica do Nadal na que a maxia fai que os soños de Masha se cumpran e que os xoguetes cobren vida. O Quebranoces convértese nun príncipe e xuntos, tras enfrontárense aos malvados ratos, viaxan polas terras nevadas ao Palacio Máxico

Ballet de San PetesburgoAs entradas están xa a venda na web de Ataquilla e a cita comezará as oito e media da tarde.

Andrey Batalov

Ballet de San PetesburgoO director artístico do Ballet de San Petesburgo, Andrey Batalov, é un dos máis condecorados bailaríns rusos: no 1996 gañou concursos en París e Nagoya, en Budapest (Primeiro Premio e Premio Especial Nuriev) e en Arabesk-Perm (Primeiro Premio e Premio Mikhail Baryshnikov) e foi Grand Prix na Competición Internacional de Ballet en Moscova (1997). Terminou a súa formación en 1992 na Academia de Ballet de San Petesburgo Vaganova. Entre 1992 e 1994 foi solista do Ballet do Teatro Mikhailovskiy de San Petesburgo e desde 1994 ata a actualidade é solista principal do Ballet Mariinsky. Tamén foi solista do Real Ballet Danés (2000-2002).

Ballet de San Petesburgo

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies