Voces rotas, ciclo de cine social en Afundación

0

Compostela, 3 de outubro do 2019 – Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o ciclo de cinema Voces rotas cunha programación conformada por filmes dun claro carácter social.

Voces rotas da visibilidade a diferentes problemáticas, desde a marxinación, as crises económicas, a pederastia, o racismo, pasando pola procura da identidade, o abandono ou a adopción.

As películas The Florida Project, Spotlight, A forma da auga e Lion son as escollidas para formar parte do cartel deste ciclo que pasará polas sedes de Afundación da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela entre o 8 de outubro e o 25 de novembro.

A entrada a todas as sesións deste ciclo é libre e gratuíta ata encher a capacidade. Na sede de Santiago de Compostela é preciso recoller a entrada de balde previamente na recepción.

Os Filmes en Compostela

Lion, de Garth Davis (2016). Con cinco anos, Saroo Brierley pérdese nas rúas de Calcuta, a miles de quilómetros da súa casa, e termina sendo adoptado por unha parella australiana. Vinte e cinco anos despois, e coa única axuda da aplicación Google Earth, tenta atopar a súa familia biolóxica. Este filme poderase ver o 8 de outubro en Santiago de Compostela.

Spotlight, de Thomas McCarthy (2015). No ano 2002, un reducido equipo de reporteiros de investigación do xornal Boston Globe destapa os escándalos de pederastia cometidos durante décadas por curas do estado de Massachusetts. A publicación destes feitos sacode á Igrexa católica. Esta película poderase ver o 15 de outubro en Santiago de Compostela.

A forma da auga (The shape of water), de Guillermo del Toro (2017). Nun laboratorio de alta seguridade, durante a Guerra Fría, prodúcese unha conexión insólita entre dous mundos. A vida de Elisa, limpadora no laboratorio, muda por completo cando descobre un experimento clasificado como secreto: un home anfibio. Proxectarase o 29 de outubro.

The Florida Project, de Sean Baker, (2017). Un retrato da América do Norte marxinal desde a visión inxenua dunha pequena de 6 anos. Ela e os seus amigos pasan o verán nun pequeno motel moi próximo a Disney World, mentres que os seus pais e veciños seguen sufrindo a crise económica. Proxectarase 5 de novembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial