Cursos de cociña infantil na Afundación de Santiago

0

Compostela, 10 de setembro do 2019 – Afundación, a Obra Social de ABANCA, presentou o seu programa de cursos de cociña infantil para a sede de Santiago de Compostela.

Serán tres os cursos de cociña infantil os que se impartirán co obxectivo de  achegar os máis novos aos fogóns mediante un método didáctico e ameno. Están pensando para idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos e profesora será Vanessa Sende Cardoso, durante os meses de outubro e decembro.

As inscricións pódense formalizar a través da web Ataquilla.com ou na propia Sede Afundación de Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 19). Máis información en aulacocinacompostela@afundacion.org ou no teléfono 981 552 577.

Os cursos

Afundación cociña infantil A programación dará comezo co curso «De cabazas vai a cousa» no que os asistentes aprenderán a sacarlle o máximo partido a un produto tan típico desta época e versátil como a cabaza. Será o 26 de outubro coa posibilidade de acudir en dúas quendas, pola mañá ou pola tarde.

O seguinte taller gastronómico será «Os sándwiches secretos dos Minichefs» no que aprenderán a elaborar bocadillos variados con diferentes tipos de pans e ingredientes saudables, ideais para as merendas invernais. O curso impartirase nunha xornada, a escoller entre o 6, 7 ou 8 de decembro, de 11.30 a 13.30 h.

«Nadal de Minichefs en vermello e verde» é o último curso da programación, e nel os participantes elaborarán pratos como veludo vermello nevado, hummus de remolacha, biscoito de pistacho e chocolate branco ou espaguetis ao pesto de aguacate. Estrutúrase en dúas xornadas, o 26 e o 27 de decembro, a escoller entre dúas quendas, pola mañá ou pola tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial