займ срочно

Artes plásticas con Afundación en casa

0

Compostela, 21 de abril do 2020 – Afundación en casa presenta a súa nova iniciativa para as máis pequenas e os máis pequenos da casa enmarcada na súa sección Educación en casa.

Trátase de «Obradoiro de artes plásticas», na que todos los martes se presentará unha sesión dedicada a fomentar a creatividade mediante o traballo á man. A sesión de Afundación en casa de hoxe martes será un obradoiro de estampado con cola de pegar e especias.

«Afundación en casa»

«Afundación en casa» é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde os seus domicilios. Deste xeito, a Obra Social de ABANCA segue poñendo á disposición da cidadanía os seus proxectos culturais, sociais e formativos, mantendo o mesmo nivel de esixencia e exercendo, tamén, un labor de acompañamento telemático para usuarios +60, que desenvolven persoas voluntarias en colaboración con traballadores da entidade. Desde casa, a Obra Social de ABANCA continúa traballando para proporcionar contidos en directo e actualizacións permanentes para consolidar Afundación, tamén na súa modalidade online, como a entidade galega de referencia no seu ámbito. Cun fondo vivo, «Afundación en casa» reflicte a intensidade e calidade da programación da Obra Social de ABANCA.

Artes plásticas con Afundación en casaO obxectivo é acompañar á sociedade no súa deber de permanecer na casa, ofrecendo múltiplas opcións mediante as que continuar formándose e crecendo dun xeito accesible e seguro. Ademais, esta iniciativa permite manter a actividade económica nos distintos ámbitos de actuación, tanto a nivel interno da entidade, como na súa relación cos seus colaboradores externos. En definitiva, a Obra Social de ABANCA, en liña cos seus compromisos estratéxicos a prol do avance social, esfórzase por apoiar á cidadanía nestes momentos excepcionais, mirando xa cara ao futuro.

Toda esta actividade, integrada por máis de 300 recursos, é facilmente accesible nos perfís das redes sociais de Afundación baixo a etiqueta #AfundaciónEnCasa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies