19 funcións e dez compañías na programación A Escena! de Compostela

0

Compostela, 16 de xaneiro do 2020 – A nova programación A Escena!, do AGADIC,  presentouse no Teatro Principal de Santiago con 27 espectáculos en cartel, dos que 10 se exhibirán na cidade.

A Escena! organizase por medio  da Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), o circuíto de exhibición que a Consellería de Cultura e Turismo promove a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e en colaboración coas entidades locais xestoras dos seus 45 espazos asociados.

No caso de Compostela, durante esta primeira metade do ano serán 19 as funcións de 10 compañías, todas galegas, que se desenvolverá no Teatro Principal como un dos escenarios adscritos á rede. Así o explicou o director da Agadic, Jacobo Sutil, na presentación da carteleira escénica do Concello, que se estende tamén ao Auditorio de Galicia.

presentación programación A Escena!


foto xoán crespo

Xunto co director do AGADIC, Jacobo Sutil, participaron no acto Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural; Xosé Luis Penas, deputado da Deputación da Coruña; Xaquín López, director-xerente do Auditorio de Galicia; e unha representación dos equipos artísticos de O montacargas, que poderá verse hoxe día 16 e o venres 17, de Ainé Produción & Acusamaser Opus, así como das tres estreas programadas: Spotlight (5 de marzo), de Can Cun Quinqué; O mel non caduca (31 de xaneiro e 1 de febreiro), de Ibuprofeno Teatro, e O mozo da última fila (16 e 17 de abril), de Redrum Teatro, as dúas últimas tamén a través da Rede.

Variedade e calidade da produción galega

Para o responsable da Agadic, cada unha das citas galegas desta oferta “contribúe a percibir a nosa produción escénica actual como un sistema creativo cheo de variedade e de calidade”. Neste sentido, Sutil detallou  algunhas das características destacadas das propostas que achega a Rede ao programa A Escena!, comezando por O montacargas, que ofrece unha revisión da obra do Nobel Harold Pinter desde unha óptica galega, con dirección de Evaristo Calvo e as interpretacións de Federico Pérez e Santi Romay.

Ademais desta produción e das dúas devanditas estreas, nesta relación de espectáculos figuran O electo, dentro da ampla xira que está a desenvolver Contraproducións; Medida  medida, coa que Producións Teatrais Excéntricas volve a Shakespeare; a reivindicación da lingua por Volta e Dálle en Falar por falar; o teatro familiar de Xampatito Pato; o canto á vida de Liberto, de Marelas Producións, ou A conquista da Escola de Madhubai, que estes días está a ensaiar Teatro do Atlántico.

Circuíto profesional

A Rede Galega de Teatros e Auditorios é un circuíto de programación escénica que leva funcionando de xeito continuado desde 1996. Trátase do principal mercado interior para as propostas escénicas galegas producidas de xeito profesional e conta cun orzamento para este primeiro semestre dun millón de euros, que asumen a Consellería de Cultura e Turismo e as entidades locais asociadas.

Esta primeira carteleira de 2020 achegaralles aos espectadores de 40 localidades das catro provincias 328 actuacións de teatro, danza, música, maxia e circo a cargo de 111 formacións artísticas, galegas na súa meirande parte.

A súa programación pode consultarse en www.agadic.gal/Axenda e en www.cultura.gal/gl/axenda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial