Agustín Hernández deixa o concello de Santiago

0

Compostela, 4 de setembro do 2019 – O portavoz do Partido popular no concello de Santiago, Agustín Hernández, deixa o seu cargo ao ser proposto como presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

A marcha de Agustín Hernández era un ruxe ruxe constante desde que se coñeceron os resultados electorais. A nova de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o propuxera como presidente do CES era a confirmación de que deixaría o seu posto como concelleiro.

Agustín HernándezHernández acudiu a rolda de prensa cunha caixa de bombóns para os xornalistas. Falou do tempo pasado e agradeceu o apoio dos veciños pese a non conseguir no 2015 renovar a alcaldía

Hernández renunciou a todos os seus cargos políticos co fin de ocupar o seu novo posto no CES coa intención de convertelo nun órgano mais “proactivo”. Preguntado polo que supón esa renuncia, tendo en conta o tempo pasado no partido, lembrou que so leva dez anos como afiliado ao PP e sen embargo na vida pública desde o 87 polo que estivo máis tempo desvinculado do partido que en el.

A portavocía do grupo municipal queda en mans de Sánchez Brunete e a agrupación local nomeará unha xestora que se encargará da búsqueda dun novo líder. Como nova concelleira entra María Castelao que sa formara parta do grupo popular en Santiago e actualmente traballaba como asesora na Xunta de Galicia. Queda por decidir quen recibirá a dedicación exclusiva da que gozaba Hernández.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial