Aja Galicia conmemora a Revolución dos Cravos

0

Compostela, 24 de abril do 2020 – A Asociación José Afonso – Galiza organiza un programa de actividades en rede para conmemorar a Revolución dos Cravos, que se celebra este 25 de abril.

A Revolución dos Cravos será lembrada por diversas voces o que servirá para achegar aquel movemento que recuperou a liberdade para o pobo en Portugal.

Músicos como Jasper e Tiago Fernandes interpretarán cancións vinculadas a José Afonso, ademais de sumarse á convocatoria de cantar o ‘Grândola’ de xeito colectivo nas xanelas o 25 de abril ás 16:00 h (15:00 h. en Portugal).

Aja Galicia conmemora a Revolución dos CravosCoa idea de celebrar na casa este acontecemento por causa da pandemia do Coronavirus, a AJA-Galiza adaptou a programación prevista á emisión en redes sociais, que se poderán hoxe e mañá no Facebook e no Twitter desta asociación, onde se pretenden dar a coñecer algunhas referencias deste feito histórico e tamén a súa vinculación con Galiza.

Deste xeito, a programación comeza hoxe ás 18:00 cun fío sobre a exposición “25 de Abril Sempre” cos carteis conmemorativos elaborados por artistas que cada ano se editan en Portugal desde a Revolución dos Cravos.

 

Para o sábado está prevista a emisión de “Grândola, Vila Morena” que marcou o inicio da revolución para as 16:00 h. (15:00 h. en Portugal) cun chamado a saír ás xanelas a cantar e subir fotos e vídeos co #25deAbril e #25deAbrilGZ nas redes sociais. Máis de 20 colectivos, entidades e centros sociais promoven esta iniciativa na Galiza, coa colaboración tamén da Rede da Galilusofonía.

A AJA de Portugal enviou un saúdo para Galiza de Mario Correia, con referencias á boa acollida que tivo de José Afonso neste país, nun vídeo que se emitirá ás 17:00 h. Isto dará paso ao cantante Jasper que  interpretará ás 18:00 h. a canción “Canta, camarada” nun videoclip con Olalla Maneiro. A catedrática de Comunicación Audiovisual Margarita Ledo achegará “Unha visión galega do Portugal revolucionario” que servirá para dar luz a aquel contexto de 1974 onde ela estaba exiliada no Porto (Portugal). A seguir, o artista portugués Tiago Fernandes cantará “Traz outro amigo tambén” que servirá de peche a esta programación virtual.

No compromiso da AJA-Galiza coa cultura, coa reivindicación social e coa difusión do legado de José Afonso, as actividades que estaban previstas para estas datas, organizadas xunto coa Gentalha Do Pichel e coa colaboración da Deputación da Coruña, fican adiadas, mas non canceladas.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial