A nova estación de autobuses de Santiago podería estar operativa dentro dun ano

0

Compostela, 3 de setembro do 2019 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitaron onte as obras da nova estación de autobuses de Santiago xunto con membros da corporación municipal.

O alcalde avanzou tamén que “esta semana se recibiron dixitalmente as modificacións no proxecto de remodelación dos accesos a avenida de Clara Campoamor. Agora, estudarano os técnicos municipais, que tamén se reunirán con técnicos da Consellería, para que as tres actuacións estean perfectamente coordinadas”. O rexedor espera poder aprobar os cambios na Xunta de Goberno do próximo luns.

Obras estación de autobuses de SantiagoCon respecto a obra Bugallo expresou a súa satisfacción pola marcha das obras e polo comezo xa das da pasarela que unirá a rúa do Hórreo coas estacións e o barrio da Pontepedriña.

Tanto a Conselleira como o alcalde explicaron que o obxectivo era que estiveran rematadas o 1 de agosto do 2020 polo que podería estar operativa dentro dun ano. Lembraron que todos os traballos teñen que rematar ao mesmo tempo xa que sen pasarela non se poderá acceder a estación e está non poderá operar sen a reforma da avenida de Clara Campoamor.

Obras estación de autobuses de SantiagoEn relación á estación de autobuses, a conselleira explicou que as obras están ao 40% de execución, coas obras de cimentación e movemento de terras rematadas. Agora, dixo, levantarase a base das 36 dársenas da terminal e a estrutura dos dous andares da futura estación. O obxectivo da Consellería é ter a obra rematada nos primeiros meses de 2020.

En canto á pasarela, subliñou que xa comezaron os traballos previos e que a mediados de setembro xa se comezarán a ver as actuacións sobre a vía do tren. Estes traballos realizaranse en horarios que permitan a súa compatibilidade co tráfico ferroviario.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial