O público do Curtocircuíto 2019 premia All these creatures, de Charles Williams.

0

Compostela, 7 de outubro do 2019 – Rematou unha edición de Curtocircuíto marcada polo éxito de público en cada sesión, a que recuperou o traballo do Equipo Lupa e a preestrea de O que arde son dous bos exemplos da tónica xeral.

O Teatro Principal acollía na noite de onte domingo a entrega de galardóns do Curtocircuíto 2019, en ela All these creatures, de Charles Williams conseguía o premio do público do festival.

Os premios

O resto do palmarés foi o seguinte

O Xurado Radar composto por Kevin B. Lee, Paolo Bertolin e Mercedes Martínez concédelle o Premio Radar á mellor curtametraxe da sección a The Sasha, de María Molina.

palmarés Curtocircuíto 2019

The Sasha, de María Molina

O Xurado Explora, composto por Laura Huertas Millán, Eve Heller e Rocío Mesa concluíu que o Premio Explora á mellor curtametraxe da sección é para ALTIPLANO, de Malena Szlam. O xurado concédelle tamén unha mención especial a La Bala de Sandoval, de Jean-Jacques Martinod.

palmarés Curtocircuíto 2019

Altiplano de Malena Szlam

palmarés Curtocircuíto 2019

la bala de Sandoval de jean-Jackes Martinod

O xurado de Planeta GZ composto por Ana David, Lúa Ribeira e Nico Combarro concluíu que o Premio Galiza á mellor curtametraxe galega a En la Boca da Mina, de Brandán Cerviño. O xurado  concédelle unha mención especial a Rexistros (Xeografía de San Sadurniño), de Adrián Canoura

palmarés Curtocircuíto 2019

En la boca da mina de Brandán Cerviño

palmarés Curtocircuíto 2019

Rexistros de Adrian Canoura

O xurado de Penínsulas composto por Ana David, Lúa Ribeira e Nico Combarro concluíu que o Premio Penínsulas á mellor curtametraxe da sección, patrocinado por RC Service é para Urpean Lurra, de Maddi Barber. O xurado concédelle tamén unha mención especial a Leyenda dorada, de Chema García Ibarra e Ion de Sosa

palmarés Curtocircuíto 2019

Urpean Lurra de Maddi Barber

palmarés Curtocircuíto 2019

leyenda doranda de Chema García

O Xurado Novo, composto por Iria Loira, Ana Díez, Aldara Pagán, Breogán Martínez, Antía Carreira, Andrés Sanjurjo e Manuel Blanco concédelle o Premio do Xurado Novo á mellor curtametraxe a Mensch Maschine or Putting Parts Together, de Adina Camhy, da sección Explora.

palmarés Curtocircuíto 2019

Mensch Maschine or Putting Parts Together, de Adina Camhy

O Xurado CREA, composto por Toño Chouza, Gael Herrera e Rafa de los Arcos concédelle o Premio CREA á Mellor dirección galega a Lucía Estévez por Arrolo.

palmarés Curtocircuíto 2019

Arrolo de Lucía Estevez

O Xurado AGAG, composto por Andrés Castro, Sara Gómez e Paulo Rubal concédelle o Premio AGAG ao Mellor guión galego a Limbo, de Dani Viqueira. O xurado outórgalle tamén unha mención especial a 16 de decembro, de Álvaro Gago.

palmarés Curtocircuíto 2019

Limbo de Dabni Viqueira

palmarés Curtocircuíto 2019

16 de decembro de Álvaro Gago

O Xurado CAMIRA, composto por Marta Pérez Pereiro, Eloy Domínguez Serén e Antonio M. Arenas concluíu que o Premio CAMIRA á Mellor curtametraxe é para Operation Jane Walk, de Leonhard Müllner e Robin Klengel. O xurado quere concederlle tamén unha mención especial a La Bala de Sandoval, de Jean-Jacques Martinod.

Palmarés Curtocircuíto 2019

Operation Jane Walk, de Leonhard Müllner e Robin Klengel

O Premio #OutraCompostela é para Verstand Projekt, de Aida Raíndo Vázquez, Mauro Méndez Martínez, Alba Pose Castro, Martín Mondragón Rivadulla e Josep Cabo González. A mención especial de #OutraCompostela é para Exeria, de Xoán Fernández Diz, Miguel González Fernández, Lucía Ramiro Taboada e Laura Soutullo García.

Finalmente o xa mencionado Premio do público é para All these creatures, de Charles Williams.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial