Compostela recibe a I Andaina Solidaria Asotrame

0

Compostela, 11 de setembro do 2019 – Santiago de Compostela acollerá a I Andaina “Asotrame fai o Camiño”, organizada pola Asociación Galega de Transplantados de Medula (Asotrame) coa colaboración do Concello.

A proba que organiza Asotrame terá lugar este próximo sábado día 13. Arrincará no Monte do Gozo (monumento de Xoán Paulo II) ás 10:30 horas e chegará á praza do Obradoiro despois de percorrer 5 quilómetros.

A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, presentou esta Andaina cuxa inscrición está aberta ata o xoves 12 ás 23:59 horas. Perticipar ten un custo de 5 euros para maiores de 12 anos e de 2 euros para menores desta idade. Pode realizarse a través da web de Carreiras Galegas, que tamén dá acceso a un Dorsal 0 a través do que se poden facer donativos mesmo sen participar na carreira. Os/as primeiros/as 250 inscritos/as recibirán un agasallo. Ao finalizar a proba haberá animación na propia praza do Obradoiro.

Andaina AsotrameMila Castro aproveitou a rolda de prensa para “felicitar a asociacións como Asotrame polo labor tan importante de sensibilización e visibilización que realizan”. Neste sentido, destacou o seu papel para “mellorar a calidade de vida non só dos doentes, senón tamén dos seus familiares”.

Acompañou á concelleira na presentación o coordinador en Santiago de Asotrame, Mario Álvarez, tamén transplantado, quen falou sobre unhas enfermidades hematolóxicas das que dixo “existe bastante recoñecemento”. E puxo como como exemplo o transplante de medula ósea, que “a xente adoita confundir cun transplante da medula espinal, cando é un procedemento moito máis sinxelo”.

Asotrame

Asotrame botou a andar en 2013 en Narón pola iniciativa da súa presidenta fundadora Cristina Piñeiro, transplantada de medula ósea tras sufrir un cancro hematolóxico, co obxectivo de prestar apoio ás persoas afectadas durante a enfermidade, realizar campañas de información e sensibilización sobre doazón de medula ósea e promover a investigación científica do cáncer hematolóxico.

No primeiro dos campos, Mario Álvarez salientou a posta disposición dun piso ao que poden acudir doentes e familiares ou as visitas que Asotrame realiza ás plantas de hematoloxía dos hospitais. No eido científico, a Asociación realiza cada ano doazóns a proxectos de investigación relacionados coas enfermidades hematolóxicas. Finalmente, o labor de sensibilización plásmase en visitas a colexios, charlas e eventos como a carreira deste sábado.

A Asociación pertence ao Grupo Español de Pacientes con Cancro (Gepac) e á Agrupación de Entidades contra a Leucemia e as Enfermidades do Sangue (Aecles). Ten máis de 120 socios/as. No 2017 inicia a súa actividade en Santiago de Compostela, onde actualmente conta cun grupo de 12 voluntarios/as.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial