займ срочно

Aprazado o mercado Galicia Escena PRO

0

Compostela, 29 de abril do 2020 – A Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega acordaron aprazar a celebración da oitava edición do mercado Galicia Escena PRO, que se ía celebrar este mes de xuño en Santiago de Compostela.

Galicia Escena Pro e Xunta traballarán na procura de datas alternativas que permitan a súa celebración coas garantías sanitarias que determinen as autoridades correspondentes unha vez se levante o actual estado de alarma.

Ambas entidades deseñarán ademais un formato de feira flexible que facilite a súa adaptación á evolución da crise sanitaria polo Covid-19 nos próximos meses. Tratarase de incidir no papel profesional de Galicia Escena PRO como espazo de diálogo e intercambio entre os ámbitos da produción, a distribución e a programación de teatro e danza.

Aprazado o mercado Galicia Escena PROEn 2019, o mercado galego das artes escénicas reuniu en Santiago a máis de 150 axentes culturais chegados de diferentes puntos de Galicia e do resto do Estado para asistir ao seu programa de exhibición e participar nas actividades de encontro profesional. Entre elas, reforzouse espacialmente o apartado de networking coa coordinación directa de máis de 120 reunións personalizadas entre os programadores de teatros, auditorios e festivais convidados e os representantes de compañías e empresas distribuidoras de artes escénicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies