Compostela aproba investimentos en obras por máis de 700.000 euros

0

Compostela, 9 de xullo do 2018 – O concello de Santiago aprobou o pasado venres, en Xunta de Goberno, a realización de obras por un importe superior aos setecentos mil euros.

Entre as obras que destacan está a reparación das rúas Bispo Diego Peláez ou Espiritu Santo. e a accesibilidade ao campo de fútbol de Santa Isabel. Según o alcalde, Martiño Noriega, “son actuacións nas que levabamos meses traballando e que se enmarcan no esforzo que está a facer o Goberno para impulsar a obra pública neste ano 2018. a intención é executar o groso dos traballos nos meses de verán, axustándose ás necesidades da utilización de espazos públicos e aos intereses de diferentes colectivos”.

Nas próximas semanas comezará a mellora na rúa Bispo Diego Peláez. Os traballos custarán case 170.000 euros, e virán a completar a remodelación do barrio de Vista Alegre. O alcalde explicou que, despois destas obras, “é preciso intervir para garantir a accesibilidade aos edificios da parte alta da rúa Bispo Diego Peláez, que tamén presentan terrazas de acceso aos portais en cotas diferentes á da rúa e conectadas con ela a través de escaleiras”. As obras adxudicadas contemplan un prazo de execución de cinco meses. O proxecto suporá a diminución dos desniveis entre a rúa e os portais dos edificios, que se salvarán con ramplas de pequena pendente para poderen ser utilizadas por persoas con mobilidade reducida. Ao tempo, ampliaranse as beirarrúas, substituirase a pavimentación existente e renovarase a rede de servizos. Tamén se prevé a instalación de arborado, iluminación e mobiliario urbano.

Rúa Bispo Diego Peláez

Rúa do Espírito Santo

Tamén quedaron adxudicadas as obras de reparación da calzada do Espírito Santo. Según Noriega esta rúa “presenta un importante estado de deterioro xeral, derivado do paso habitual de vehículos, incompatible co pavimento de lastras. Mesmo se traducen nun incremento do ruído que produce o paso dos coches, coas derivadas molestias para a veciñanza”. As obras prevén retirar o pavimento actual, que será substituído por unha capa de rodadura de formigón que se estenderá ás beirarrúas, e que terá un acabado acorde ás características desta zona da cidade. Tamén se repararán as pezas de granito das beirarrúas, os sumidoiros, e as madeiras rotas ou excesivamente deformadas da pasarela situada na zona central da rúa. O proxecto de reparación da rúa do Espírito Santo ten un prazo de execución de dous meses.

Santa Isabel

O alcalde tamén salientou a adxudicación das obras de mellora da accesibilidade do campo de fútbol de Santa Isabel, por un importe de case 90.000 euros. A actuación céntrase na bancada situada no lateral sur do campo de fútbol, á que na actualidade só se pode acceder a través de escaleiras e que presenta numerosas deficiencias. As obras mellorarán tamén a accesibilidade dentro xa das propias gradas, a comunicación entre os dous edificios de vestiarios, e mesmo permitirán acondicionar os baños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial