Xosé Bugallo aproba os orzamentos de Compostela

0

Compostela, 2 de marzo do 2020 – O empate a 10 votos obrigou ao alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a aprobar os orzamentos co voto de calidade en segunda votación.

Tras un debate no que os distintos grupos repetían os argumentos sobre a motivación para absterse ou votar en contra, procedíase a votación dos orzamentos co resultado de empate. A segunda votación, xa sen turno de debate, dou o mesmo resultado pero a lexislación prevé que o voto do alcalde, voto de calidade, dirima o empate e, en consecuancia, os orzamentos querdaron aprobados.

Aproveitar o procedemento anticipado

En palabras do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, a aprobación dos orzamentos “permitirá sacar adiante, a través do procedemento anticipado de gastos, compromisos importantes para o Concello”.

Obras e Axuda no Fogar

Entre os temas que se verán axilizados coa aprobación de hoxe está o Servizo de Axuda do Fogar. Un servizo que pasa dun custo de 1,9 millóns de euros a algo máis de 3. Este aumento débese a un incremento de 16 €/hora a 18.

Un expediente anticipado de gasto tamén permitirá sacar a licitación a obra da rúa de Concheiros. A intención é que a obra comece antes do verán e, si fora posible, que rematara ao mesmo tempo que a Xunta comezou estes días no nó de Fontiñas.

Outros contratos

En referencia aos novos contratos dos servizos de transporte público, alumeado ou limpeza, Bugallo espera que “ao longo deste primeiro semestre todos estes contratos saian a licitación e antes de final de ano se estean prestando os servizos de acordo aos novos contratos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial