Primeiro paso para o arranxo do muro do Pombal en Compostela

0

Compostela, 23 de setembro do 2020 – A Comisión asesora do Patrimonio Histórico informou favorablemente o o proxecto de mellora do muro do Pombal derrubado en marzo.

O orzamento da obra supera os catrocentos mil euros. A obra aprobada deberá contar co visto bo da sección de Arqueoloxía Municipal ao incluí escavacións. Usarase pedra similar a da contorna e deberanse plantar novos exemplares de árbores autóctonas ou ben a reimplantación dalgúns dos retirados, no caso de ser posible.

 

Outros proxectos

A Comisión asesora do Patrimonio Histórico estivo presidida pola concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. O órgano tamén informou tamén favorablemente sobre as obras de mellora da accesibilidade do Pazo de Xelmirez na rúa do Arco do Arcebispo, que contan cun orzamento de execución material de 66.728,27 euros. A Comisión establece varias condicións como que a nova varanda de ferro sexa igual á actual, e que a arqueta de formigón existente se substitúa por outra acabada en pedra.

Tamén informaron favorablemente das obras de restauración das fontes públicas das prazas do Toural e Cervantes, que contan cun orzamento de execución material de 12.603,67 euros. A intervención supón a utilización de técnicas especializadas para a conservación e restauración de elementos escultóricos de pedra catalogados.

Outras intervencións das que se informou favorablemente na Comisión son a consolidación da cuberta e estrutura interior dunha vivenda na rúa Cruceiro do Gaio; o revestimento do zócalo da fachada do local social da Asociación de Veciños Álvaro Cunqueiro de Vista Alegre; a colocación provisional dunha cabina fotográfica na Praza do Obradoiro do 6 ao 15 de novembro; a instalación dun ascensor nun edificio de vivendas na rúa García Lorca, en Vite; ou a colocación dun rótulo na fachada dun local na rúa do Vilar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial