займ срочно

A arte medieval galega no Ateneo de Santiago

1

Compostela, 7 de maio do 2020 – O Ateneo de Santiago, por medio do seu grupo Ateneo Viaxeiro, pon a disposición do público en xeral o traballo “A Arte Medieval Galega”.

Trátase dunha serie de documentos gráficos realizados pola Historiadora da Arte María del Carmen Sánchez Carrera onde, a través de varios capítulos, se poderán coñecer os monumentos da arte medieval galega  e entender as súas características técnicas.

O primeiro capítulo, que versa sobre o Prerrománico, xa se pode consultar na páxina web da asociación compostelá www.ateneodesantiago.com. O percorrido, de pouco máis de 10 minutos, lévanos por varios conxuntos artísticos construídos entre os séculos VI e IX, explicando con exemplos gráficos as características que identifican os diferentes períodos en que se divide para rematar coa imaxe da basílica construída tras a descuberta da tumba apostólica e as influencias mozárabes dos últimos anos.

O traballo consta doutros 7 capítulos, que se irán publicando periodicamente nas vindeiras semanas, onde se analizará a fondo dende o románico anterior á Catedral de Santiago ata o propio monumento e outras catedrais menores, pasando polo Císter, o románico serodio, as ordes mendicantes ou o gótico galego.

A arte medieval galega no Ateneo de SantiagoAdemais deste traballo, a mesma web do Ateneo de Santiago recolle, baixo o apartado “Cultura na casa”, varias actividades culturais que se poden realizar dende os domicilios de forma gratuíta como conferencias, cinema, ópera, literatura, teatro, concertos, visitas virtuais a exposicións e museos, festivais ou actividades para nenos/as, entre outras.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies