As clases na USC comezarán o día 21 con presencialidade segura

0

Compostela, 3 de setembro do 2020 – O curso académico 2020/2021 comezará na USC o próximo día 21 nun réxime de presencialidade segura coas máximas garantías sanitarias.

A USC emitiu unha Resolución Reitoral asinada onte mércores na que Antonio López empraza á comunidade universitaria a “Desenvolver as actividades propias da Universidade garantindo as condicións sanitarias establecidas polas autoridades competentes é o obxectivo principal de todas e cantas medidas ten establecido e contempla o goberno que dirixo de cara ao inicio do curso”.

Dende o primeiro momento convivirán o Escenario 1 e o Escenario 2 contemplados nas Directrices para o Desenvolvemento dunha Docencia Presencial Segura para o curso 2020-2021. Isto significa que a docencia se desenvolverá de xeito presencial como norma xeral (Escenario 1). Soamente nos casos nos que non se poidan cumprir as directrices establecidas polas autoridades sanitarias, establecerase a convivencia entre a docencia presencial e a semipresencial (Escenario 2). Esta lóxica será de aplicación para todas as actividades que se desenvolvan no eido da Universidade e serán de aplicación asimétrica atendendo ás circunstancias de cada Centro e cada titulación, o que permitirá que o ano académico que agora comeza se desenvolva coa maior normalidade e seguridade posibles.

As clases na USC comezarán o día 21 con presencialidade segura

o reitor Antonio López nunha imaxe de arquivo

Distancia interpersoal de 1,5 metros

A incorporación neste momento do Escenario 2 é consecuencia da publicación no DOG do pasado venres 28 de agosto das actuacións coordinadas para centros educativos que prevén actividade lectiva presencial mantendo unha distancia interpersoal de 1,5 metros, así como das recomendacións do Ministerio de Sanidade modificadas con data de 30 de agosto.

“Dende a Universidade debemos estar preparados para dar resposta, coa maior celeridade posible, a calquera cambio que se poida dar no conxunto de normas, confuso e contraditorio moitas veces, que afectan ao ámbito da seguridade sanitaria nestes tempos que nos toca vivir”, explicaba o reitor este mércores, alén de agradecer “o esforzo e vontade demostrada para preparar coas máximas garantías o inicio dun curso académico no que teremos que poñer en valor o aprendido en meses pasados”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial