Compostela incorpórase ao proxecto As Pegadas de Rosalía

0

Compostela, 23 de marzo do 2018 – Despois de que o proxecto de rutas turísticas As Pegadas de Rosalía fora presentado en Fitur sen a presenza de Compostela, agora a Capital únese a Ames, Brión e Padrón para potenciar estes roteiros.

A sala de prensa do concello de Santiago serviu de escenario para a presentación de Compostela como novo membro do proxecto As Pegadas de Rosalía que votará  andar no próximo mes de abril. Os alcaldes de Ames, José Miñones, Brión, José Luis García, Santiago, Martiño Noriega, a concelleira de cultura de Padrón Lorena Dopazo e o presidente da Fundación Casa de Rosalía, Anxo Angueira foron por turnos explicando a idea e o que aporta cada un. Unha ruta que nace do proxecto creado hai anos polo intelectual natural de Dodro Avelino Abuín da Tembra.

O alcalde de Ames, José Miñones, falaba da casa natal do pai de Rosalía, situada en Ortoño e ata onde camiñaron unha serie de intelectuais para crear o Seminario de Estudos Galegos

José Luís García, alcalde de Brión invitaba a coñecer Bastabales, especialmente no mes de Maio onde calquera tarde pode aparecer o campaneiro que hai 130 anos tocaba na igrexa á que cantou Rosalía

Lorena Dopazo, concelleira de cultura de Padrón, reivindicou a figura de Rosalía como muller poliédrica que sigue vixente hoxe en día

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explicou que Compostela non podía estar fora dun proxecto como este no que a protagonista é Rosalía que tanto ten que ver coa cidade

Finalmente o presidente da Fundación Casa de Rosalía, Anxo Angueira, falaba da importancia xeográfica de estes catro concellos na obra de Rosalía e que os converte no centro da cartografía literaria da autora

As Pegadas de Rosalía terá a súa primeira ruta no mes de abril, será para profesionais dos medios e a partir de esa xa se poderán adquirir as estancias en maioristas de viaxes e disitintos lugares. Non se quedará só en estes roteiros se non que As Pegadas de Rosalía servirá no futuro para desenvolver outros proxectos en común.

Reunión con Nava Castro

Por outra banda, o alcalde de Brión, José Luís García; e as concelleiras de Turismo de Ames, Isabel González, e de Padrón, Lorena Couso, mantiveron unha xuntanza coa Directora Xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e co Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez. Neste encontro presentouse o proxecto á  directora xeral, que xa o coñecía da presentación feita en Fitur.  Nava Castro mostrou a súa disposición para este nova ruta cultural sexa promocionada en diferentes actos e feiras de Turismo na que participe a Dirección Xeral de Turismo de Galicia. Asemade, animou aos Concellos promotores a preparar o correspondente expediente desta iniciativa para envíalo á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, para que sexa recoñecida como ruta cultural e poder optar as axudas públicas que se convocan para este fin.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial