O Conservatorio Histórico, o Ateneo de Santiago e a Sociedad Económica de Amigos del País xa teñen ascensor

0

Compostela, 17 de xuño do 2020 – O edificio da praza de Salvador Parga no que se atopan o Conservatorio Histórico, o Ateneo de Santiago e a Sociedad Económica de Amigos del País xa dispón de ascensor despois da intervención do Consorcio da cidade.

O ascensor nun edificio no que se atopan tres das entidades máis antigas da cidade era unha vella débeda de accesibilidade. O arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago responsable deste proxecto é Ángel Panero quen explica que “a finalidade desta intervención era garantir a accesibilidade universal ás tres plantas do inmoble histórico, que ten unha superficie construída total de 2.555,93 metros cadrados e un uso intensivo por parte dos cidadáns debido ás institucións que alberga”.

O Conservatorio Histórico, o Ateneo de Santiago e a Sociedad Económica de Amigos del País xa teñen ascensorO arquitecto sinala que o Consorcio promoveu esta intervención dentro do propósito do organismo interadministrativo de “traballar para mellorar sempre as condicións de habitabilidade dos edificios da cidade histórica, neste caso respaldando técnica e administrativamente o procedemento para a instalación dun ascensor que garanta o dereito á accesibilidade universal de calquera cidadán a todas as plantas en calquera edificio con uso público”.

Tal como resalta o Ángel Panero, “a obra executouse con atención ás directrices de seguridade provocadas pola COVID-19 e nestes intres xa podemos afirmar que o edificio ten accesibilidade universal, que era precisamente o obxectivo primordial desta actuación”.

O Conservatorio Histórico, o Ateneo de Santiago e a Sociedad Económica de Amigos del País xa teñen ascensor

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial