Ascensores para as vivendas de San Ignacio de Loyola

0

Compostela, 4 de febreiro do 2020 – As vivendas de San Ignacio de Loyola, ao carón da avenida Mestre Mateo, contarán con ascensores grazas as axudas do concello.

A Xunta de Goberno aprobou o estudo de detalle do ámbito das vivendas de estas vivendas. O documento resolve a accesibilidade destes dous edificios de vivendas, mediante a instalación de ascensores e tamén supón a mellora da envolvente dos mesmos.

Esta obra leva aparellado un cambio de ordenanza, en preparación, da que se poderán beneficiar outras zonas grazas a unha convocatoria de axudas para a rehabilitación.

Ascensores para as vivendas de San Ignacio de LoyolaO alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicaron que o estudo de detalle era un requisito imprescindible para as casas de San Ignacio de Loyola puideran ter acceso á esa convocatoria de axudas na que se traballa. O Goberno municipal agarda ter lista a ordenanza que regulará esta materia antes do verán, para así realizar a convocatoria. Esta terá unha dotación económica dun millón de euros, dos que 800.000 procederán de fondos europeos e o resto serán achega municipal, segundo apuntou Sánchez Bugallo.

O estudo de detalle resolve o problema de accesibilidade destes edificios mediante a instalación de ascensores exteriores nas esquinas sur dos inmobles, comunicados coas vivendas a través duns corredores de planta, exteriores e cubertos. Tanto a envolvente do ascensor como as pasarelas de acceso ás vivendas levarán elementos prefabricados de formigón autónomos e estruturalmente independentes da edificación orixinal. Complementariamente, prevese a substitución dos panos das galerías existentes por unha carpintería de madeira tipo, co fin de mellorar a eficiencia enerxética e recuperar a imaxe unitaria do conxunto.

Este documento afecta a un ámbito, o de San Ignacio de Loyola, configurado por dous bloques, un de 12 e outro de 18 vivendas, situados na marxe sur da avenida do Mestre Mateo. Estes edificios ían ser derrubados e os seus veciños e veciñas realoxados noutras vivendas pola previsión de construír alí a Facultade de Medicina. Desbotada esa posibilidade e eliminada en 2018 no PXOM a reserva universitaria da parcela, agora ábrese a posibilidade da rehabilitación das vivendas.

Edificio rehabilitado para residencia

Tamén no capítulo de licenzas, a XGL concedeu unha para obras de reforma e restauración da edificación situada nos números 87 e 89 da avenida de Lugo. Alí construirase unha residencia privada da terceira idade con 49 prazas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial