Compostela máis cerca de ter un parque biotecnolóxico

0

Compostela, 1 de xullo do 2020 – O chamado Acordo da Sionlla, asinado no día de onte, coloca a Compostela no camiño de converterse nun referente no sector da biotecnoloxía.

Co Acordo da Sionlla Compostela unifica a todas as administracións no obxectivo común de promover o asentamento de empresas e a captación de proxectos de investimento nos sectores biotecnolóxico e da madeira no parque industrial que lle da nome ao documento.

O chamado Acordo da Sionlla, asinado no día de onte, coloca a Compostela no camiño de converterse nun referente no sector da biotecnoloxía.Mostra de esta unidade foi a Mesa Institucional reunida no Centro Empresarial do Tambre. En ela participaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago (USC), Vicente Pérez Muñuzuri; o vicepresidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Carballo García; e o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET), José Fernández Alborés.

Como resultado da análise e debate dos traballos de xestión realizados previamente, a Mesa acordou unha serie de compromisos futuros para continuar dándolle forma aos proxectos do “Acordo da Sionlla”. Impulsarán e apoiarán política e institucionalmente a creación do Polo de Innovación en Biotecnoloxía como punto focal da biotecnoloxía galega e como un instrumento que agrupará a todos os axentes –centros de investigación e innovación, empresas, persoas emprendedoras, investidores, Administración pública, etc. nunha contorna que favoreza o desenvolvemento de novos negocios e a atracción de talento altamente cualificado.

Outro dos empeños da Mesa en relación ao Polo de Innovación en Biotecnoloxía será darlle visibilidade a nivel autonómico, nacional e internacional “para facer de Santiago e Galicia un referente no sector”, así como manter os incentivos que faciliten o acceso a solo empresarial bonificado ou en dereito de superficie para empresas que queiran desenvolver a súa actividade no Polo.

O chamado Acordo da Sionlla, asinado no día de onte, coloca a Compostela no camiño de converterse nun referente no sector da biotecnoloxía.En canto a medidas tanxibles, a Mesa estudará e artellará incentivos que supoñan un solo empresarial bonificado ou en dereito de superficie para empresas que queiran desenvolver a súa actividade no Polo. Nesta liña, posibilitará a concesión de bonificacións e exencións fiscais que faciliten a localización de empresas e persoas emprendedoras, e que se enmarcarían na habilitación do Concello de Santiago como “Concello Doing Business Galicia – Concello Emprendedor”. Igualmente, valorarase a posibilidade de simplificar os trámites administrativos que axilicen os procesos de localización de novas empresas e a concesión de axudas específicas para a implantación de empresas biotecnolóxicas, incluíndo aquelas destinadas á captación de talento e a súa contratación nas entidades e compañías localizadas no Polo.

Outra das liñas de traballo da Mesa é favorecer a creación dunha estrutura comercial que posibilite a atracción de investidores e empresas biotecnolóxicas, que exerza de portelo único para a promoción, prospección e acompañamento de novos proxectos empresarias. Tamén considérase necesario mellorar a conectividade, infraestruturas e loxística para o correcto desenvolvemento da actividade empresarial.

Traballo público e privado

O “Acordo da Sionlla” naceu en xaneiro de 2017 coa sinatura dun primeiro compromiso para favorecer o diálogo e a colaboración institucional en aras do desenvolvemento económico e social da cidade. Está integrado por dúas estruturas de xestión e representación: a Mesa Institucional e a Mesa de Traballo Executiva. O “Acordo da Sionlla” concretou durante estes tres anos a posta en marcha do ambicioso proxecto do Polo de Innovación en Biotecnoloxía, co apoio de entidades como o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA).

Para dar forma ao Polo de Innovación en Biotecnoloxía, deseñouse a idea do proxecto baseado na colaboración público-privada, déuselle visibilidade a través dos clústeres, centros de investigación e innovación e das diversas Administracións Públicas, que interiorizaron o concepto. Pero para acadar consistencia, os asinantes do “Acordo da Sionlla” lograron o “apoio decidido” de diversos investidores e empresas biotecnolóxicas ata o punto de involucrarse no proxecto.

A localización do Polo de Innovación en Biotecnoloxía no Parque Empresarial da Sionlla foi un aspecto fundamental dende o inicio, pola proximidade a centros de coñecemento e ás principais entidades públicas e privadas que lideran a biotecnoloxía en Galicia. A colaboración da Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que cualificou como “non dispoñibles para a venda” 63.798 metros cadraos, e a próxima cesión dunha parcela municipal no mesmo terreo, a través de UNINOVA, constitúen a base do Polo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial