Enfado da Hostalería de Compostela pola falta de actividades

0

Compostela, 26 de xuño do 2020 – A Asociación de Hostalería de Compostela ven de criticar nun comunicado a “práctica ausencia de actividades lúdico-culturais que dinamicen a cidade”.

Hostalaría Compostela di ver con moita preocupación esta ausencia de actividades programadas por parte do Goberno municipal. Consideran que son imprescindibles para axudar a paliar os efectos da crise económica ocasionada pola pandemia e engaden que “serían de vital importancia non só para o noso sector, senón para o conxunto da cidade”.

Sen convenio

A día de hoxe Hostalaría Compostela segue sen contar con ningún convenio de colaboración co Concello, como si existen con outras asociacións empresariais e profesionais da cidade. A Asociación lembre en este punto que se trata dun dos sectores con maior peso na economía de Santiago xa que representa o 20% do PIB.

Hostalería presentou xa á Concellaría de Cultura unha proposta global lúdico-cultural para o conxunto da cidade para a que, de momento, aínda non obtivo resposta. Ao mesmo tempo están á espera dunha reunión coa Concellería de Festas para presentarlle ese programa e teñen previsto trasladarlle a proposta tamén ao alcalde.

O programa Inclúe propostas musicais, teatrais, de danza e cinema, rutas gastronómicas, etc. Mantén as pautas hixiénico-sanitarias e de seguridade dispostas para o control da Covid-19, e está pensando para ser expansivo a todos os barrios e parroquias de Compostela.

A Asociación de Hostalería lembra finalmente que en pleno período estival, seguen sen noticias sobre o Plan de Reactivación Cultural que anunciou o alcalde en abril e que ascendía a 2 millóns de euros, xunto co de Turismo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial