A Asociación de Hostalería ve confusa a normativa sobre o uso das mascarillas nos locais

0

Compostela, 30 de xullo do 2020 – A Asociación de Hostalería Compostela considera confusa e restritiva a interpretación sobre o uso da máscara nos locais.

A Asociación lamenta todos os problemas que está supoñendo para a clientela de bares e restaurantes a interpretación da nova normativa da Xunta de Galicia que obriga a utilizar a máscara nos locais excepto durante o tempo exclusivo de consumo. Hostalería considera que esta medida non é susceptible de poder cumprirse “Pensar que alguén pode estar comendo e retirando a máscara para meter o bocado na boca e posteriormente volver a colocala, demostra a falta de capacidade de entender a realidade”.

A Asociación de Hostalería ve confusa a normativa sobre o uso das mascarillas nos locaisO colectivo reclama que se considere o tempo exclusivo de consumición mentres esta non se remate, da mesma maneira que excluír a obrigatoriedade do uso da máscara durante o tempo da comida. Hostalaría recorda que os locais están obrigados e compren ademais unhas estritas normas de distanciamento físico entre mesas, o que garante a seguridade entre persoas que non pertencen ao mesmo grupo. A Asociación destaca tamén que as trabas de consumo no interior e exterior dos locais levan a optar por outro tipo de xuntanzas en espazos privados onde non hai ningún tipo de control, como son as comidas familiares en domicilios privados que están a ser unha das principais causas das repuntas da COVID 19.

A Asociación critica ademais as inspeccións que en varios lugares se están a dar con esta interpretación restritiva e que de ser de maneira xeneralizada abocan o sector ao peche definitivo. Lembran tamén que se trata dun sector que representa o 20% do PIB e que xa está enormemente damnificado.

Desde a Xunta Directiva fan “un chamamento a regular un máis que necesario equilibrio entre a seguridade sanitaria, a nosa, a dos nosos equipos de traballo e a da nosa clientela, e a posibilidade do mantemento dos nosos negocios, para manter así os postos de traballo que xeran e poder facer fronte aos impostos que pagamos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial