займ срочно

Sexta edición da Festa do Ensanche

0

Compostela, 24 de setembro do 2019 – A zona nova de Compostela vivirá na fin de semana a sexta edición da Festa do Ensanche, dous días para disfrutar de música, obradoiros e actividades para toda a familia.

A VI Festa do Ensanche foi presentada no concello de Santiago polos concelleiros de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e de Barrios, Javier Fernández, acompañados do presidente da Asociación Veciñal Raigame, Xosé Manuel Durán.

Apraza Roxa será o epicentro desta Festa.pasarrúas, cantos de taberna, e unha actuación da Banda Municipal ou unha intervención artística pública son algunhas das propostas para os dous días de celebración.

Cartel Festa do EnsancheMercedes Rosón destacou o valor do “gran traballo que vén realizando dende hai anos a Asociación Veciñal Raigame para revitalizar o barrio e facelo máis humano”. Nesa liña se pronunciou tamén Javier Fernández, quen agradeceu a entidade o seu esforzo por “darlle unha identidade propia ao Ensanche” e implicar a toda a veciñanza do Barrio.

Xosé Manuel Durán foi o encargado de detallar a programación desta VI Festa da Zona Nova, que enmarcou no labor de Raigame para dar “cohesión social ao Ensanche e desenvolver o sentido de pertenza ao barrio”.

Do calendario de propostas, comezou por destacar a intervención artística pública que o sábado 28 realizarán Luis Davila e Marc Taguer en dous muros: o do antigo Peleteiro e, probablemente, outro na Rapa da Folla.

Durante toda a xornada tamén haberá unha Festa do Comercio, na que os establecementos sairán á rúa e agasallarán aos/ás clientes cunha mazá e cun poema de Rosalía. Tamén este día, a partir das 10:00 horas, celebrarase a final do Torneo de Xadrez que ao longo da semana ten lugar no CSC do Ensanche e en catro locais hostaleiros do barrio.

Ás 11:30 horas, na praza Roxa, ioga na rúa con Anahata Yoga e, xa ao mediodía, no mesmo lugar, polvo á feira e sesión vermú con Kind of Soul. Pola tarde, test de surf skate con Core Surfing e, de 16:00 a 18:00 horas, pasarrúas de Trópico de Grelos. A xornada festiva do sábado pecharase de 20:00 a 22:00 horas cos Cantos de Taberna por diversos establecementos hostaleiros da zona nova.

A programación da Festa completarase o domingo 29, ás 12:00 horas, coa actuación da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño, no cruceiro de Ramírez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies