займ срочно

Negativa rotunda do concello de Santiago a asumir servizos de Área Central

0

Compostela, 28 de xullo do 2020 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, foi moi claro na rolda de prensa dos luns, tras a xunta de goberno local, e dixo que o concello non podía asumir as peticións de Área Central para que se asumirán algúns dos servizos do centro comercial.

Área Central pediu nas últimas semanas que as rúas e a praza de Europa foran consideradas parte de Santiago e, en consecuencia,  o concello asumira gastos de limpeza, recollida de lixo, alumeado eléctrico e seguridade. O Centro Comercial lembraba tamén que a problemática de este espazo afecta a 15.000 persoas.

Un recinto privado

Sánchez Bugallo foi moi claro e explicou que o Centro Comercial Area Central, ao igual que o das Cancelas, é un recinto privado e polo tanto non pode ser asumido polo concello

O alcalde lembrou ademais que se lle está axudando desde o mes de marzo pasado dun xeito discreto

Bugallo si se mostrou disposto a buscar solucións e xeitos de proporcionar axuda a Área Central pero sen recepcionar ningún dos espazos do edificio.

Unha situación anterior a pandemia

O centro comercial recoñecía na mesma nota de prensa na que expresaba as súas demandas que os problemas veñen de vello ” Area Central leva varios anos arrastrando unha situación económica delicada que se viu acentuada co decreto do estado de alarma do pasado mes de marzo. Co parón da actividade comercial, os propietarios e arrendatarios dos locais de Area Central non poden asumir os custos de comunidade que manteñen en pé o edificio e que serve, entre outros, para ter os servizos de limpeza e seguridade dos que se benefician todos os veciños e visitantes do complexo”.

Negativa rotunda do concello de Santiago a asumir servizos de Área CentralOs actuais responsables da xerencia tamén recoñecen que a morosidade e anterior a crise sanitaria e achacan o declive do centro comercial á apertura das Cancelas ” Por mor da apertura de  As Cancelas no ano 2012, a menos de 1.000 metros de distancia, coincidente cunha forte crise económica a nivel internacional, as marcas máis prestixiosas situadas en Area Central trasladáronse ao novo centro comercial. Con isto, comezou un lento declive no que a afluencia de público e consumidores en Area Central refírese, produto do anteriormente citado máis, posiblemente, unha falta de reacción por parte da comunidade de propietarios dos locais comerciais. A pesar de existir un grave problema de morosidade desde hai anos na comunidade, nos tempos de prosperidade todas as carencias disimúlanse; con todo, en época de escaseza económica, os problemas afloran e agora mesmo os gastos de mantemento do edificio non son asumibles polos propietarios da comunidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies