займ срочно

Stefano Russomanno fala de Barbara Strozzi para o Ateneo Barroco

0

Compostela, 7 de outubro do 2019 – O musicólogo italiano Stefano Russomanno descubrirá hoxe, 20:00 horas, a misteriosa voz de Barbara Strozzi dentro da programación do Ateneo Barroco que organiza a asociación Compostelana.

O Ateneo Barroco abre a semana cunha conferencia dedicada a Barbara Strozzi, unha muller compositora do século XVII. Foi unha artista singular e de gran talento e sensibilidade que, a dicir dos entendidos, merece maior recoñecemento, investigación e difusión da que até o momento lle ten prestado a musicoloxía e as programacións de festivais e auditorios.

As recentes investigacións permitiron reconstruír, ao menos en parte, a biografía de Barbara Strozzi (1619-1677), figura excepcional no contexto do primeiro barroco italiano pola calidade e amplitude do seu catálogo. Ningún compositor da época, homes inclusive, publicou tanto como ela. Desafiando os prexuízos do seu tempo, Barbara Strozzi foi autora dunha obra vocal onde sopran os ventos innovadores do novo estilo monódico.

O experimentado musicólogo e comunicador italiano, formado en Milán e afincado en Madrid, Stefano Russomano será o encargado de descubrir a “Barbara Strozzi, a voz misteriosa”, título  da conferencia que impartirá na Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19), un evento con entrada libre e gratuíta até completar a capacidade do local.

Stefano Russomanno

Estudou musicoloxía na Università degli Studi de Milán. Entre 2001 e 2018 foi coordinador da sección de música do suplemento cultural de ABC. As súas investigacións céntranse preferentemente na música barroca e na música do século XX. Ten publicado artigos en revistas especializadas e colaborado con institucións como I Pomeriggi Musicali (Milán), Teatro Real, Fundación Juan March e Orquestra Nacional de España (Madrid), Festival de Música e Danza e Arquivo Manuel de Falla (Granada), Festival de Música Contemporánea de Estrasburgo, etc. Preparou a edición en castelán de El teatro a la moda de Benedetto Marcello (Alianza Editorial, 2001) e é autor dos ensaios Dante Alighieri y la música (Edicións Singulares, 2009) e La música invisible (Fórcola, 2017) e da novela El concierto (Fórcola, 2018).

A primeira edición do festival Ateneo Barroco conta co patrocinio do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago e a colaboración da Universidade de Santiago.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies