O Ateneo abre de novo o Club de lectura por videoconferencia

1

Compostela, 3 de abril do 2020 – O pasado martes o Ateneo de Santiago reanudou as sesións do Club de  lectura de xeito telemático por medio da aplicación de videochamadas Skype.

Na primeira sesión a distancia na historia do Club de lectura, dirixida pola coordinadora Raquel Blanco, comentouse a obra de narrativa Seique da galega Susana Sánchez Aríns. A experiencia resultou moi positiva, de tal xeito que se posibilita a continuidade dunha actividade cultural que estaba programada pola entidade ata o vindeiro mes de xuño.

O Ateneo abre de novo o Club de lectura por videoconferencia

imaxe de 024-657-834 en Pixabay 

Conforme comunicou o Ateneo de Santiago o pasado mes, ante as medidas adoptadas polas autoridades sanitarias en relación á crise do Coronavirus, a Xunta Directiva da entidade decidira cesar as actividades programadas e pechar as súas instalacións. En principio estaba previsto reanudar estes actos despois da Semana Santa pero, debido ás novas anunciadas nos últimos días, esta interrupción permanecerá, como mínimo, ata o 30 de abril.

Sen embargo, a entidade non quere deixar de prestar servizo, tanto aos ateneístas como a todos os composteláns, e pretende manter a promoción e difusión da educación, a ciencia e a cultura, como xa fixo anteriormente coa posta á disposición de todo o seu catálogo de conferencias e outros eventos, adaptando algunhas das súas actividades á nova situación. Do mesmo xeito, continuará mantendo a comunicación activa a través da súa web, o enderezo ateneo@ateneodesantiago.com e o teléfono 622 274 110.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial