займ срочно

O Ateneo lembrará a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento

1

Compostela, 22 de xullo do 2020 – O Ateneo de Santiago acordou homenaxear a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento, como un dos grandes creadores e dinamizadores de Compostela.

O Ateneo explica nunha nota de prensa que ” as mulleres e homes que integramos esta sociedade cívica acordamos poñer o seu nome ao Salón de Actos do noso local social, no que se desenvolve boa parte da nosa actividade cultural, e ao mesmo tempo, reeditaremos en formato libro, en colaboración coa Deputación da Coruña, unha das obras máis orixinais e descoñecidas deste autor “Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro”.

O Ateneo lembrará a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento

Isaac Diaz Pardo xunto á vidriera que deseñor para o Parlamento de Galicia. Santiago 19-12-07. Foto Anxo Iglesias

Igualmente, dentro do ciclo “Os Luns do Ateneo” organizarase unha conferencia de M.ª América Díaz, encol da figura e obra do polifacético artista.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies