As conferencias do Ateneo e outros modos de pasar a corentena (II)

1

Compostela, 18 de marzo do 2020 – Onte falabamos de algúns recursos culturais para pasar a corentena, hoxe traemos a iniciativa do Ateneo de Santiago que ofrece na rede todas as súas conferencias.

O Ateneo de Santiago pechou como outras moitas institucións as súas instalacións. Con ese motivo decidiu poñer as conferencias dos Luns do Ateneo a disposición de toda a cidadanía na súa páxina web (www.ateneodesantiago.com).

Dentro do catálogo dispoñible poderase acceder ás conferencias máis recentes, como as relativas a Concepción Arenal, o Día da Muller ou o cambio climático, así como a outras máis antigas, como as do ciclo “En clave de futuro”, realizado polo 10º Aniversario da entidade, as do Pórtico da Gloria, as ondas gravitacionais ou as conmemoracións das Letras Galegas dende o ano 2010.

Ademais, disporase tamén de acceso a outras actividades realizadas, como son os faladoiros, inauguracións de exposicións, presentacións de libros, etc.

Outras formas de formarse

O certo é que a situación que se vive pode ser un bo momento para aprender de aquilo que nos gusta, formarnos ou mellorar a nosa formación. Nos últimos anos as charlas TED serven a moita xente para coñecer outros xeitos de pensar ou actuar. Galicia tivo o seu propio TED durante uns anos e moitas das conferencias están na rede baixo o nome de TEDxGalicia, no seguinte enlace podedes escoitar algunhas

https://www.youtube.com/results?search_query=TEDxGalicia

O Consello da Cultura Galega organiza moitas mesas redondas e charlas ao longo do ano. Moitas delas están na súa web a disposición de todo o mundo.

https://www.youtube.com/user/ConsellodaCultura/videos

E por suposto non podemos esquecer ao portal da Lingua. Aqui podemos mellorar o noso galego ou investigar un pouco máis sobre a nosa lingua. No apartado de recursos atoparedes moito que facer

https://www.lingua.gal/portada

Tes algo que ofrecer? sabes de algo que pode interesar? mándanos un correo a redaccion@lindeiros.com ou unha mensaxe ao 604074957

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial