As audioguías de Compostela a disposición da cidadanía

0

Compostela, 20 de abril do 2020 – Santiago de Compostela pode percorrerse virtualmente estes días a través das audioguías de Turismo de Santiago, que poden consultarse gratis na web http://www.santiagoturismo.com/.

Estas audioguías suman máis de catro horas de narración arredor dos principais puntos turísticos da cidade, que ademais se sinalan nun mapa de Santiago.

Este recurso actualizouse en contidos e formato de reprodución no 2019. Consiste nunha tarxeta que proporciona un código de acceso na páxina www.santiagoturismo.com co cal se poden descargar ao teléfono móbil. Deste xeito evítase ir cun reprodutor MP3 que a persoa usuaria tiña que devolver na oficina de información turística en 24 horas.

Agora, Turismo de Santiago acaba de abrilas gratis ao público, que pode escoitalas sen empregar ningún código. Deste xeito, a entidade municipal de promoción turística anima a percorrer as rúas da cidade dende a propia casa.

As audioguías divídense en 24 partes que poden escoitarse en calquera orde. Non obstante, están numeradas para seguir unha posible ruta que comeza na praza do Obradoiro e que percorre os principais atractivos turísticos da cidade: a Catedral, as prazas que a rodean, as rúas e prazas do Casco Histórico, o Mercado de Abastos, o CGAC, o Museo do Pobo Galego, o Parque de Bonaval, a Casa da Troia, San Martín Pinario, e remata no Parque da Alameda. As audioguías están dispoñibles en sete idiomas: galego, castelán, inglés, alemán, italiano, francés e portugués.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial