As axudas á hostalería de Compostela non acaban de convencer

0

Compostela, 10 de xuño do 2020 – O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentaba onte unhas axudas á hostalaría que foron cualificadas pola Asociación sectorial como insuficientes.

Guinarte explicou que estas axudas forman parte do Plan de Reactivación do Sector Turístico e ten un investimento inicial de cen mil euros ampliables en 300.000 máis en función da demanda. O Plan divídese en tres eixes: avaliación da situación, accións dirixidas a captación de turismo, e axudas ao sector.

O concelleiro tamén dixo que a principal finalidade destas subvencións é “fomentar a innovación na restauración e hospedaxe de Santiago, como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial e facilitar a adaptación ao novo contexto económico derivado da COVID-19”.

A convocatoria de axudas inclúe tres liñas de subvención, compatibles entre si. Por unha banda axudas na adecuación física dos locais, obras de reforma, mellora de illamentos, sustitución de elementos, etc. Por outro lado están os gastos de comunicación que comprenden imaxe corporativa, desenvolvemento de aplicacións, produción e reprodución de materiais comunicativos, etc. Finalmente están os gastos correntes xerados na adecuación dos negocios necesarios por mor da COVID-19, gastos de asesoría, gastos de mantemento de redes sociais, mantemento de redes informáticas, etc.

Estas axudas teñen carácter finalista, polo que o importe da subvención concedida non poderá ser empregado para outros fins. Esíxese un mínimo de 600 euros (IVE excluído) en gastos xustificados para poder concorrer a esta convocatoria. O máximo subvencionable son 5.000 euros por cada unha das liñas de axudas, que subvencionarán o 80% do importe total do orzamento de gasto.

Descontento da Asociación de Hostalería

A Asociación do sector considera que estas axudas son e lamenta que non se lle informara con anterioridade do contido desta convocatoria para poder facer as súas aportacións.

A Asociación explica ademais que ante a previsión da insuficiencia económica destas subvencións e a tardanza na súa presentación, algúns locais xa presentaron solicitudes ás axudas municipais para as que tiña preferencia o comercio, por un total de 270.000 euros.

Por outra banda, a Asociación tamén lamenta a falta de concreción de actividades de dinamización do turismo para este verán. Tendo en conta que estamos a menos dun mes para o seu inicio, empraza ao concelleiro Sindo Guinarte a dar conta dos plans do seu departamento

coa maior brevidade posible. A entidade está ademais a traballar nunha actividade de animación de rúa para desenvolver no período estival que presentarán proximamente á concelleira de Cultura, Mercedes Rosón, e para a cal reclaman un convenio de colaboración co Concello.

Apoio ao ocio nocturno

A Asociación Hostalaría Compostela solicitou tamén unha declaración institucional de apoio aos locais de hostalaría nocturna que previsiblemente non abrirán os seus negocios ata setembro.

A Xunta Directiva recordou que son moitos os establecementos de Santiago dedicados ao ocio da noite, como pubs e discotecas, que levan xa máis de tres meses pechados e ven perigar o seu futuro.

O colectivo considera que o Goberno local debería instar ás autoridades competentes a dar unha solución o antes posible que permita garantir a viabilidade económica e o mantemento dos postos do traballo desta parte do sector.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial