Compostela axusta as normativas de terrazas e ruídos

0

Compostela, 12 de xullo do 2018 – O próximo pleno municipal debaterá as modificacións propostas polo goberno municipal de Compostela nos regulamentos de terrazas e ruídos.

Os cambios foron aprobados na última Xunta de Goberno e presentadas aos medios de comunicacións antes de ser levadas ao Pleno. O concelleiro de espazos cidadáns, Jorge Duarte, explicaba que trátase de dotar aos regulamentos de terrazas e ruídos dun marco xurídico adaptado as novas lexislacións

Terrazas

A normativa de terrazas falaba nun dos parágrafos de “actividades exteriores (terrazas en vía publica)” polo que as terrazas en chan privado parecían non estar incluídas, ao eliminarse esa referencia tódalas terrazas, situadas en terreos públicos ou privados, terán as mesmas obrigas, sobretodo no que atinxe a lei de ruídos. Os prazos de concesións estaban establecidos en 10 anos pero iso incumpre unha lei de rango superior polo que agora pasaran a ser renovacións de 4 anos. As autorizacións tamén poderán ser revogadas antes da finalización dese período, por razóns de interese público. Por outra banda vaise limitar a posibilidade de modificar os termos das autorizacións concedidas nunha mesma tempada, quedando nun único cambio por ano. Outro dos cambios substanciais introducidos na ordenanza ten que ver coa utilización das frontes das fachadas. Na actualidade, un local pode situar a súa terraza acaroada á fachada do propio establecemento ou estar separada dela ata un máximo de vinte metros. Agora, esta posibilidade de separar a terraza quedará limitada a casos excepcionais e ben xustificados, e con carácter xeral a terraza deberá situarse acaroada á fachada do establecemento e a súa lonxitude limitarase á da fachada do local ao que estea vinculada. 

Tamén se introduce unha nova redacción no artigo que regula os horarios das terrazas, unha petición do propio sector. A modificación proposta sinala que a limpeza e a retirada do mobiliario da terraza deberá facerse no prazo máximo de 30 minutos unha vez rematado o tempo de permanencia permitido. O horario de funcionamento das terrazas mantense ata a 1:00 nos meses de maio, xuño e setembro durante a semana, e ata as 2:00 nas noites de venres a sábado, véspera de festivos e noites de sábado a domingo. Nos meses de xullo e agosto, o horario de peche será as 2:30 horas todos os días. O resto do ano, do 1 de outubro ao 30 de abril, o horario de peche será as 23:30 entre semana e as 00:30 horas nas noites de venres a sábado, véspera de festivo e noites de sábado a domingo.

Ordenanza de ruídos

As modificacións na ordenanza de ruídos obriga aos locais a ter un sonógrafo, sexa do tipo que sexa a ambientación musical, e o nivel de illamento acústico será suficiente como para que as medicións no exterior do local estean dentro dos autorizados no interior. Para poder adecuar mellor a distribución do son admitiranse varios altofalantes co que poderán ser máis pequenos pero chegar a todo o local. Finalmente no caso dos inmobles catalogados permítese unha rebaixa dun dez por cento na altura do teito sempre que sexa para colocar illamento acústico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial