A Banda Municipal de Santiago presenta un programa de concertos de verán

0

Compostela, 24 de xuño do 2020 – A Banda Municipal de Santiago ven de presentar un programa de concertos de verán nos que participarán as distintas formacións instrumentais da formación.

A concelleira de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón, foi a encargada de presentar este Ciclo de Música de Cámara na Rúa, acompañada polo director da Banda, Casiano Mouriño. Serán 11 concertos que se desenvolverán ata o 16 de xullo.

A principal característica deste ciclo é que, de acordo á situación actual derivada da COVID-19, que obriga a buscar menos concentracións de persoas, os concertos serán ofrecidos por diferentes formacións instrumentais máis reducidas da Banda Municipal: cuarteto de saxofóns, dous grupos de clarinetes, quinteto vento-metal, quinteto vento-madeira-trompa, grupo vento-madeira-percusión e grupo vento-metal-percusión.

Este calendario de concertos, enmarcado no Ciclo de Verán da Banda Municipal, arrincou o pasado domingo con dous concertos con motivo do Día Europeo da Música. As seguintes entregas serán este mesmo xoves, 25 de xuño. Ás 19:00 h, un dos grupos de clarinetes ofrecerá un concerto na praza das Praterías, e unha hora despois, tomará o relevo o cuarteto de saxofóns na rúa do Vilar.

O formato de dobre concerto repetirase o xoves 2 e o venres 3 de xullo. Completan o programa as actuacións previstas os xoves 9 e 16 de xullo na praza das Praterías, ademais dun concerto virtual que a Banda Municipal e Suso Vaamonde porán a disposición do público a partir das 12:00 horas deste domingo 28.

Mercedes Rosón lembrou que “en todo este tempo de confinamento, os membros da banda estiveron traballando dende os seus domicilios, preparando programas específicos, e tamén gravando pezas para que todos puideramos desfrutalas a través das redes sociais do Concello”. En calquera caso, dixo, “botabamos de menos volver á normalidade”, aínda que “non sexa unha normalidade plena, porque somos conscientes que temos que cumprir uns protocolos de aforo e de seguridade, pero si é unha normalidade que implica volver traballar no espazo público de forma continuada”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial