займ срочно

A biblioteca Ánxel Casal abrirá setembro con dúas exposicións

0

Compostela, 29 de agosto do 2019 – Dúas exposicións servirán para iniciar o programa de actividades da biblioteca Ánxel Casal do mes de setembro.

As mostras estarán ubicadas na planta baixa do edificio, organizada por FEAFES, e na sala de infantil sobre libros nos que o lector forma parte das historias.

Visibilizando as enfermidades mentais

Expo na Ánxel CasalA Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES) é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995, que agrupa actualmente a 14 asociacións repartidas por toda a xeografía galega.

A mostra xurde a raíz dun proxecto que consistiu na elaboración dun disco musical con cancións compostas por persoas con trastornos mentais que contan a súa experiencia en primeira persoa. A raíz dese disco, un grupo de persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia realizou unha serie de pinturas e debuxos para ilustrar o libreto do disco.

No vestíbulo da biblioteca exporanse estes debuxos desde o día 2 ata o 16.

Mira que cadro!

Expo na Ánxel CasalMira que cadro! é unha mostra que invita ao lector a pensar sobre o que ve. Libros que ensinan a mirar e a pensar e que fan partícipes das historias que esconden. Libros que transforman en espectadores e espectadoras activas e fomentan a creatividade.

Na sala infantil, pode visitarse durante o horario de apertura da biblioteca ata o 30 de setembro desde o día 3.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies