A Biblioteca da USC abre as salas de lectura desde este xoves

0

Compostela, 24 de xuño do 2020 –  A lectura en sala nas bibliotecas da USC volverá a realizarse a partir de mañá xoves 25 de xuño.

No uso das salas da USC terán preferencia os membros da Universidade e usuarios da BUSC, así como o alumnado das universidades de Coruña e Vigo. Igualmente poderán acceder as persoas matriculadas nas probas de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU).

As persoas usuarias deben acreditar a pertenza a un dos colectivos sinalados mediante Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) da universidade correspondente, carta de lector da BUSC ou resgardo da matricula no caso do alumnado matriculado nas ABAU. Os horarios e puntos de servizo ofertados poden consultarse nesta ligazón. O aforo máximo do local onde se preste atención ao público deberá permitir cumprir co requisito de distancia de seguridade entre persoas de 1,5 metros. En todo caso, non se superará o 75% do aforo. Non está permitido, asemade, o acceso directo aos fondos bibliográficos.

Polideportivo

Pola súa parte, o Servizo de Deportes volveu abrir o pavillón polideportivo para a práctica de bádminton e tenis de mesa, así como os deportes ordinarios da instalación de forma individual e sen contacto como por exemplo tiros a canastra e a portería con balón propio, ou para acondicionamento físico. Os requisitos de acceso poden consultarse nesta ligazón. Están abertos tamén os prazos de inscrición para os Cursos de Verán en xullo das escolas físico deportivas. As inscricións poden formalizarse en liña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial